O reitor

Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo

 

Profesor da Universidade de Vigo desde a súa creación en 1990, é licenciado en Bioloxía e en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo tamén o título de doutor en Bioloxía. Catedrático de Universidade de Fisioloxía Vexetal, participou con asiduidade en órganos de goberno. Cómpre destacar o seu traballo nas tres comisións de estatutos, incluíndo a constituínte. 

Como responsabilidades de goberno, foi secretario do Colexio Universitario de Vigo, director da Oficina de I+D, adxunto ao vicerreitor de Investigación, dúas veces  decano da Facultade de Ciencias de Vigo (hoxe escindida en tres facultades), director do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo e vicerreitor de Investigación. 

Manuel Reigosa tamén coordinou un mestrado (Ecosistemas Terrestres) e presidiu a comisión académica dun programa de doutoramento, que no seu día acadou a mención cara á excelencia. 

É autor de máis de 100 artigos de investigación e editor de cinco libros para editoriais como Kluwer ou Springer, entre outras. Con seis sexenios investigadores e seis quinquenios docentes recoñecidos, na actualidade está volcado no traballo editorial, incluíndo o traballo como editor xefe de dúas revistas JCR (Thalassas e Allelopathy Journal) e a participación como editor asociado noutras tres (PLOS ONE, Acta Physiologia Plantarum e Weed Biology and Management).

 

Axenda

 

Organización

  • Impulsar e planificar xunto co reitor e o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade as liñas de actuación no ámbito da sostibilidade da Universidade de Vigo
  • Deseñar e coordinar a elaboración de medidas e de políticas de carácter sostible, así como asesorar as unidades implicadas na súa implantación (departamentos, decanatos, direccións e servizos).
  • Promover, coordinar e supervisar as actuacións no ámbito da eficiencia enerxética dos centros (prevención e redución do impacto ambiental da actividade universitaria) que contribúan ao plan SUVI.
  • Promover a participación da Universidade de Vigo en redes nacionais e internacionais de sostibilidade.
  • Representar a Universidade de Vigo nos foros, reunións, eventos etc. nos que se traten temas de sostibilidade. 
  • Calquera outra función no ámbito da sostibilidade delegada polo reitor ou encomendada polo vicerreitor de Planificación e Sostibilidade. 
     

Jacobo Porteiro Fresco
Adxunto ao reitor para a Sostibilidade
porteiro@uvigo.gal

  • Asesorar o equipo de goberno en cuestións relacionadas cos sistemas de información, tecnoloxías da información e as comunicacións, seguridade da información e de transformación dixital da Universidade.
  • Tras a súa aprobación, realizar o seguimento e a execución dos diferentes proxectos no ámbito das TIC e da transformación dixital.

Martín López Nores
Adxunto ao reitor para a Transformación Dixital
mlnores@uvigo.gal

  • Levar a cabo tarefas de mediación cando o requiran directamente os membros da comunidade universitaria ou por derivación de vicerreitorías, centros, departamentos e servizos.
  • Formar a comunidade universitaria, especialmente os cargos académicos e as persoas xestoras, en «xestión e resolución de conflitos: habilidades de comunicación e técnicas de mediación».
  • Deseñar e aplicar campañas de sensibilización e de difusión sobre os beneficios da convivencia positiva para as persoas, os grupos e as organizacións, dentro da Universidade de Vigo.
  • Realizar campañas de difusión sobre os beneficios dos métodos alternos de resolución de conflitos, en especial da mediación, dentro e fóra da institución.
  • Impulsar redes de colaboración da Unidade de Convivencia e Xestión Positiva de Conflitos, dentro e fóra da institución, para optimizar os recursos.
  • Calquera outro encargo requirido dentro do seu ámbito de actuación.

Francisca Fariña Rivera
Directora da Unidade de Convivencia e Xestión Positiva de Conflitos
convive@uvigo.gal

O delegado de Protección de Datos é unha figura independente con funcións de información, asesoramento e supervisión das actividades de tratamento das que é responsable a Universidade de Vigo. Así mesmo, ten a función de cooperar coa Axencia Española de Protección de Datos e de actuar como punto de contacto da autoridade de control para cuestións relativas aos ditos tratamentos. Tanto a súa posición como as súas funcións están reguladas nos artigos 37 a 39 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e nos artigos 34 a 37 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Miguel Á. Michinel Álvarez
Delegado de Protección de Datos
dpd@uvigo.gal

A Inspección de Servizos da Universidade de Vigo creouse, de acordo co previsto nos vixentes Estatutos da Universidade de Vigo, para velar polo correcto funcionamento dos servizos e facilitar a prevención e a solución de conflitos internos de carácter xurídico, incluída a tramitación de informacións reservadas e a instrución de procedementos disciplinarios cando proceda. 

Exerce as súas funcións, en colaboración e co máximo respecto, sobre os centros, departamentos, servizos e unidades universitarios (agás sobre os centros adscritos) así como en relación ao persoal docente e investigador e ao estudantado, actuando con discreción e confidencialidade nos procedementos que correspondan. 

Dirección de Inspección de Servizos
+34 988 368 834 
inspeccion@uvigo.gal

A Unidade de Igualdade de Oportunidades é o instrumento político responsable da incorporación transversal do principio de igualdade efectiva entre mulleres e homes, en todas as áreas da comunidade universitaria. En liña co obxectivo de desenvolvemento sostible 5 da Axenda 2030, busca a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes na nosa institución académica. 

As súas funcións son: 

  • Promover medidas que garantan a igualdade de acceso á investigación e aos estudos universitarios, ao traballo e á promoción profesional das mulleres e dos homes da Universidade de Vigo.
  • Seguir o desenvolvemento e o cumprimento da lexislación e dos plans e medidas que se adopten na materia.
  • Deseñar, en colaboración co equipo de goberno, as políticas de igualdade de xénero da institución. 
  • Implantar, seguir e avaliar os plans de igualdade. 
  • Asesorar os centros, órganos e servizos para integrar a perspectiva de xénero en toda a actividade universitaria. 
  • Fomentar o coñecemento na comunidade universitaria do alcance e do significado do principio de igualdade de xénero. 
  • Realizar accións de formación e de sensibilización para lograr unha contorna igualitaria e libre de violencias.

Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade de Oportunidades
+34 986 813 419
igualdade@uvigo.gal

O delegado do reitor na Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) desenvolve as atribucións ás que fai referencia o artigo 16 do Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, como responsable da comisión organizadora das probas de acceso á universidade. Ademais, en Galicia, son competencia da CiUG os procesos de acceso e de admisión ás tres universidades públicas galegas, en virtude da orde do 24 de marzo de 2011. O traballo está organizado atendendo aos principios de distrito único, autonomía universitaria, coordinación do proceso e xestión integral baixo a idea xeral de modelo conxunto con procedementos idénticos e únicos para todo o distrito.

Iván Area Carracedo
Delegado do reitor na Ciug
area@uvigo.gal

  • Carmen Estévez Caamaño
    Xefa da Secretaría do equipo de goberno
    +34 986 813 590
    sreitor@uvigo.gal

 

Buzón do reitor

 

Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 590
sreitor@uvigo.gal

Linkedin