Reitor da Universidade de Vigo

Fotografia do reitor

Dr. D. Salustiano Mato de la Iglesia

Catedrático de Universidade de Zooloxía

Facultade de Bioloxía

 

Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986, Salustiano Mato é dende o ano 2000 catedrático de Zooloxía do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, institución da que foi Vicerreitor de Investigación entre maio de 1998 e agosto de 2005.

 

Desenvolveu a súa carreira investigadora no campo da bioloxía e a faunística de miñocas de Galicia, participando en diversos proxectos de inventario e catalogación de invertebrados terrestres e publicando diferentes traballos en revistas científicas de prestixio internacional.

 

 

No ano 1987 foi investigador postdoctoral nas universidades estadounidenses de Rutgers e Cornell, participando no desenvolvemento dos sistemas de compostaxe que alí se estaban a deseñar. Tralo su retorno a Galicia iniciou unha nova liña de investigación baseada no deseño de sistemas de compostaxe nos que primara un correcto desenvolvemento do proceso biolóxico fronte a criterios únicamente tecnolóxicos. Froito deste traballo xurdiron diversas publicacións científicas e técnicas, e dúas patentes de invención. Nos últimos anos, entre 2005 e 2009, traballou como Director Xeral de I+D+i na Xunta de Galicia.

 

Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Site map | Legal Advise