DOCENCIA

Máster universitario en Administración integrada de empresas e responsabilidade social corporativa. Máster Oficial da Universidade de Vigo.

O MAiE abarca os coñecementos propios dun MBA, estructurados en 6 materias teóricas e complétase cun innovador traballo fin de máster totalmente aplicado, baseado en prácticas no seo de empresas e na metodoloxía monitor consulting.

O MAiE componse de 60 créditos ECTS e se imparte ao longo dun curso académico. Do conxunto de créditos, 47 están dedicados á docencia e o resto ao traballo final do máster. Este título universitario está adaptado ao novo Espazo Europeo de Educación Superior. O MAiE recoñece 60 créditos ETCS de formación avanzada e, como máster oficial, permite o acceso a estudos de terceiro ciclo e, xa que logo, a programas de doctorado.

A distribución dos 60 créditos por cuatrimestres é a seguinte:

  • I cuatrimestre: 31 créditos.
  • II cuatrimestre: os créditos restantes e o TFM. 

Número de prazas ofertadas: 25
Duración: 1 ano
Idioma de impartición: castelán e galego
Horario: A docencia presencial se imparte en horario de MAÑÁ de luns a xoves (de 09:00 a 14:00 horas) na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus de Vigo).

PLAN DE ESTUDOS.

A oferta de materias que se contempla no Máster Universitario proposto responde ao espírito flexible e multidisciplinar no que se inspira o obxectivo principal do mesmo: formar profesionais capaces de xestionar empresas sobre a base da responsabilidade social e o desenvolvemento sostenible.
Esta oferta de materias propostas pretende abarcar todos os puntais básicos para a xestión integral dunha empresa. Estes puntais agrúpanse nun plan de estudos composto por 6 módulos docentes e a realización dun TFM, que consiste nun proxecto real de consultoría empresarial. A continuación descríbese o plan de estudos do Máster.

MATERIA 1. FUNDAMENTOS DE XESTIÓN E RSE. (5 ECTS)

O obxectivo desta materia inicial é entender o marco conceptual da RSC e a súa situación actual a nivel rexional, nacional e internacional, á vez que comprender o marco institucional e as iniciativas que as empresas teñen á súa disposición para incorporar a RSC nos seus modelos de xestión.
Profundarase no coñecemento dos stakeholders, das políticas e estratexias para a xestión da RSC e das ferramentas dispoñibles actualmente no mercado para a medición e xestión da RSC. Dun modo particular analizaranse e coñecerán os mecanismos para o desenvolvemento de memorias de sostenibilidad.

MATERIA 2. DIRECCIÓN ESTRATÉXICA E INNOVACIÓN (10 ECTS)

Mellórala taxa de éxito dunha empresa require dunha estratexia ben conformada, alineada cos seus recursos e obxectivos, potenciando as súas competencias esenciais e axudándolle a alcanzar o seu propósito estratéxico. A estrutura organizativa e os sistemas de control dunha empresa deben potenciar a xeración de ideas innovadoras á vez que aseguran unha implementación eficiente. Para conseguilo a empresa precisa un coñecemento profundo da dinámica da innovación, unha estratexia de innovación ben conformada e procesos ben deseñados para implantarla. Todos estes aspectos desenvólvense nesta materia.

MATERIA 3. MARKETING (10 ECTS)

O propósito desta materia é que o alumnado desenvolva competencias no ámbito da dirección de marketing dentro dunha empresa ou organización. A materia aborda os conflitos que poden xurdir entre os desexos a curto prazo dos consumidores e o seu benestar a longo prazo.


En concreto, preténdese dar a coñecer e comprendan os procesos e ferramentas necesarios para deseñar estratexias de marketing que proporcionen un valor superior aos consumidores ao mellorar o seu benestar e o da sociedade en xeral. Dun modo particular traballarase con ferramentas como o plan de marketing ou o plan de comunicación.

MATERIA 4. RRHH (6 ECTS)

O obxecto desta materia é abordar a xestión e dirección dos RRHH nas organizacións desde un enfoque de responsabilidade social interna da empresa. Por iso, a materia analiza aspectos relacionados coa dirección de persoas nas organizacións, trabállase con diferentes técnicas que permiten levar a cabo unha eficaz xestión do capital humano das organizacións. Adquírense competencias vinculadas á xestión das persoas tomando como referencia a importancia das mesmas como fonte potencial de vantaxe competitiva sostenible.

MATERIA 5. CALIDADE E MEDIOAMBIENTE (10 ECTS)

Esta materia está orientada ao entendemento do enfoque da Xestión da Calidade Total e as ferramentas para a súa implementación. Para iso, se delimitará o concepto de Calidade Total a fin de comprender os principios rectores dun Sistema de Xestión de Calidade Total e de identificar os custos derivados da calidade e da non calidade. Así mesmo, manexaranse ferramentas para a prevención e o control da calidade nas etapas de deseño do proceso e produto así como no proceso produtivo. Desde unha perspectiva de dirección, analizaranse aspectos de deseño, desenvolvemento, implantación, certificación e mantemento de sistemas de xestión da calidade, o medio ambiente, e a seguridade e saúde no traballo. A dirección destes sistemas de xestión abordarase tanto desde unha perspectiva particularizada, en relación coas normas internacionais que lles serven de modelo (ISO 9000, ISO 14000 e OHSAS 18000 fundamentalmente), como desde unha perspectiva integral destes sistemas.

MATERIA 6. XESTIÓN FINANCEIRA (1O ECTS)

A materia trata de que os alumnos comprendan a relación dos fluxos financeiros coa actividade da empresa, a forma na que se crea e utiliza o sistema de información financeiro da empresa (principalmente formado pola contabilidade) para a captura de datos referentes á mesma no ámbito financeiro, e posteriormente como se utiliza o mesmo para elaboración de ferramentas que permitan controlar o progreso e a evolución da empresa, mantendo o equilibrio financeiro da mesma e polo tanto garantindo a súa supervivencia.

MATERIA 7. TRABALLO FIN DE MÁSTER. (13 ECTS)

O estudante deberá realizar un Traballo Fin de Máster baixo a dirección do profesorado do Máster. Este traballo consistirá no desenvolvemento dun proxecto integral que recolla, amplíe e aplique os coñecementos e capacidades adquiridos.

En aras de servir de ponte entre o tecido empresarial e a universidade, o TFM pode ter unha dobre vertente:

  • TFM académico no que o/a alumno/a desenvolverá un proxecto de investigación ou consultoría estratéxica, aplicando coñecementos, capacidades e competencias adquiridas no Máster.
  • TFM práctico no que o/a alumno/a desenvolverá unha memoria sobre a base das súas prácticas extracurriculares nunha empresa ou un proxecto de consultoría in-company.

 En ambos caso un profesor do MAiE actuará como mentor tutorizando o TFM

 

Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Site map | Legal Advise