Complexo residencial concertado Alcai

Está situado no centro histórico de Allariz, vila ourensá que posúe, dende 1971, a denominación de conxunto histórico-artístico e monumental e que obtivo, no ano 1994, o Primeiro Premio Europeo de Planificación Urbana. Dispón de servizo continuo de autobuses ao campus de Ourense.

Alcai dispón de apartamentos de 50 m2, con dous cuartos, sala con cociña e baño completo. Tamén dispón dun servizo de lavandaría (lavadora e secadora) en réxime de autoservizo.

O Concello de Allariz pon a disposición dos residentes un amplo programa cultural que inclúe a escola de hípica municipal, o club de piragüismo, o pavillón polideportivo cuberto, rutas de sendeirismo e piscina climatizada.

Datos de interese:

Enderezo: Allariz. 32660 Ourense

Tfno.: (+34) 988 442 006

Enderezo electrónico de contacto: reatur@allariz.com

Web

Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Site map | Legal Advise