CARNÉ UNIVERSITARIO

O Carné Universitario é unha tarxeta intelixente realizada en colaboración co Santander, que acredita o estudantado, profesorado e personal de administración e servizos como membros da comunidade universitaria.

 tarxeta-universitaria

Como obter o Carné Universitario?

 

LUGARES DE EMISIÓN

Durante os meses de xullo (do 13 ao 29), setembro e outubro (1 setembro-30 outubro)

  • Campus Vigo

                   Sala 2 Edificio Miralles 

  • Campus Pontevedra

                   Facultade de Forestais

  • Campus Ourense

                 Anexo ao Edificio Asociacións

 Resto do ano:

Podes dirixirte as oficinas de cada un dos campus. Ao final desta páxina podes consultar a súa localización.

 

Para qué podes utilizalo?

  1. Acreditación universitaria
  2. Acceso a recintos e ordenadores das aulas de informática e persoais*
  3. Préstamo de libros en bibliotecas
  4. Consultas en Puntos de Información e, opcionalmente, en caixeiros 4B*
  5. Tarxeta deportiva
  6. Moedeiro electrónico
  7. Descontos en comercios
  8. Firma Electrónica

+ Iranse incorporando servizos adicionais  e novas funcións que garantirán a total seguridade e confidencialidade das operacións realizadas

ACREDITACIÓN UNIVERSITARIA

É a identificación da Universidade de Vigo
Contén:
Nome e apelidos
Fotografía
NIU
Colectivo ao que pertence (estudante, profesorado, PAS, etc.)

Non é preciso renovar o Carné Universitario cada ano

 

CONTROL DE ACCESOS*

Requírese a súa utilización nos servizos que o teñan establecido, actualmente para acceder a ordenadores e aos recintos do campus.

PRÉSTAMO DE LIBROS EN BIBLIOTECA

Permite solicitar libros na biblioteca do teu centro, dunha forma rápida e fácil, xa que o lector óptico visualiza o código de barras impreso no teu carné.

CONSULTAS EN PUNTOS DE INFORMACIÓN*

A través dos Puntos de Información terás acceso a:

  • Consulta de notas
  • Consulta de datos de matrícula
  • Consulta de expediente
  • Consulta de materias matriculadas
  • Consulta de datos persoais
  • Emisión de resgardo de validez do Carné Universitario
  • Actualización dos datos da tarxeta
  • Pagamento de taxas
  • Información xeral
  • Consulta do saldo e movementos do moedeiro

TARXETA DEPORTIVA 

O Carné Universitario dá acceso ás instalacións deportivas.
Permite identificar se es usuario das instalacións e outorga a posibilidade de pagar con el os cursos, as actividades deportivas e o alugamento das instalacións.

MOEDEIRO ELECTRÓNICO

Permite o pagamento de pequenos importes (ata 150 euros) en todas as dependencias onde exista un terminal de pagamento: deportes, cafetarías, comedores universitarios, taxas a través dos PIUs* e reprografías.

Cómo se recarga?


- En efectivo
      Dentro do campus:

  • Nos terminais de recarga de deportes*
  • Nas Oficinas Universitarias Santander

      Fóra do campus:

  • Nas Oficinas Santander máis próximas aos campus

      En caixeiros 4B (Opción operacións moedeiro)
  Co carné universitario, se ten o servizo 4B Maestro
  Con calquera outra tarxeta 4B

Como consultar o saldo?

  • Nos terminais de recarga e nos PIUs, opción saldo moedeiro
  • Nos caixeiros 4B, opción operacións moedeiro
  • Nos terminais de pagamento, cando vaias efectuar unha operación

DESCONTOS EN COMERCIOS

Se presentas o teu carné universitario ao realizar as túas compras en determinados comercios de Vigo, así como noutros nacionais, poderás beneficiarte de descontos e outras vantaxes especiais.

 

FIRMA ELECTRÓNICA

Pode albergar o teu certificado dixital da FNMT. Nas oficinas de Rexistro e nas secretarías dos centros (Campus de Vigo: Fac. de CC.EE., ETS de Enxeñaría de Minas, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación; Campus de Ourense: Fac. de Ciencias da Educación, Fac. de Historia; Campus de Pontevedra: Fac. de Fisioterapia, Escola de Enxeñaría Forestal e Centro Universitario da Defensa), poden gravar o teu certificado electrónico da FNMT na Tarxeta Universitaria.

Para poder empregalo, necesitas ter un lector de tarxetas e instalar os drivers (Windows, Linux ou Mac OS).


* próxima implantación


PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES

Que fago se o perdo?
Podes volvelo solicitar na oficina universitaria. Se tiveses o servizo 4B Maestro, cancélao en calquera oficina Santander ou a través de Superlínea no teléfono 902 242 424

Para consultar á situacion do teu Carné Universitário:

tarjetauniversitaria@gruposantander.com

 

LOCALIZACIÓN E HORARIO DAS OFICINAS UNIVERSITARIAS SANTANDER

CAMPUS DE OURENSE
Edificio Pabellón Asociacións
Teléfono 988 231 443

CAMPUS DE PONTEVEDRA
Facultade de Ciencias Sociais
e da Comunicación
Teléfono 986 873 756

CAMPUS DE VIGO
As Lagoas Marcosende, Área Comercial s/n
Teléfono 986 469 954

HORARIO
Luns a xoves: de 8.30 h. a 17.00 h.
Venres: 08:30 a 14.30

 

Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Site map | Legal Advise