Nova rede de telefonía fixa

CAMBIOS NO PLANO DE NUMERACIÓN

Por mor do crecemento da rede telefónica e a necesidade de contratar mais numeración pública para as extensión telefónicas, faise preciso modificar o plano de marcación que utilizamos. Ditos cambios entrarán en vigor o proximo mercores 25 de Abril e serán:

- CAMBIO DE CODIGO DE LIÑA EXTERNA "00" A "0". Para marcar números externos será preciso marcar un só cero (0) en vez do doble cero (00) que utilizamos arestora. Por exemplo para chamar ó Ministerio de Educación deberemos de marcar:

                  0913277681

- AMPLIACIÓN A 6 CRIFRAS DOS NUMEROS DE EXTENSION INTERNA FIXA. A partires do martes para ás chamadas internas deberemos de marcar as derradeiras 6 cifras do seu número público en vez das 5 que marcamos arestora. Algúns exemplos:

                                                           Numero Publico       Ext. Actual         Nova extensión.
Fac. CC. Sociais (PONTEVEDRA)          986801999                01999                    801999
Fac. Económicas (VIGO)                      986812400                12400                    812400
E.C.I.M.A.Toralla (VIGO)                      986815700                15700                    815700
Edif. Xuridico-Empresarial (OUR.)        988368700                68700                    368700
Politécnico (OURENSE)                        988387000                87000                    387000

En xeral o novo numero de extensión será o vello engadindo pola esquerda un 8 no caso de ser de Vigo ou Pontevedra e un 3 no caso de ser de Ourense.


- EXTENSIONS MOBILES (Teléfonos mobiles corporativos). Os números de extensión móbil (os teléfonos móbiles da Universidade) seguirán sendo de 5 cifras, isto é, todos serán numero do tipo "43xxx". Pero o cambio de lonxitude das extensión fixas tamén afecta ó marcado dende os mobiles corporativos da Universidade. De este xeito desaparece ó problema de incompatibilidade que había coas extensión de Pontevedra o escomenzaren por "0". Isto é, si queremos chamar a Económicas dende un móbil da Universidade debemos de marcar "812400". O "0" seguirá sendo código de escape para poder marcar números cortos dende os móbiles (contestador, policía, urxencias, etc...).

Todos estes cambios terán a ventaxa engadida de que en promedio marcaremos menos teclas, xa que estatísticamente se fan mais chamadas externas que internas. Os cambios serán de aplicación a partires do escomenzo do martes día 24 e o sistema telefónico fixo deixará de estar dispoñible o luns 23 as 21:00 para poder realizar os traballos de reprogramación.

Por outra banda e como consecuencia dos traballos de reprogramación, é probable que durante o final da xornada do luns 23 e o comenzo da do martes 24 non exista unha integración total dos móbiles corporativos coa rede fixa (non se poida chamar entre móbiles e éstes coas extensions fixas de xeito "corto" ou "abreviado" -usando 5 e 6 cifras-), en calquera caso sí será posible a comunicación usando o número longo (647343xxx para os móbiles é 9868xxxxx ou 9883xxxxx para os fixos).

- CHAMADA A OPERADORA. Actualmente para chamar á operadora dende as extensions se marca o díxito "9". A partires do martes se fará marcando "99", xa que os códigos "91" a "98" usaranse nun futuro próximo para a xestión dos buzons de voz.

 

MANUAIS DE USO DA REDE TELEFONICA

Manual de Facilidades de Rede

Manual de Uso da Nova Rede de Telefonía Fixa

Manuais de uso dos temrinais IP (Dixitais)

Manual para terminais dixitais OpenStages 15

Manual para terminais dixitais OpenStages 40

Manual para terminais dixitais OpenStages 60

 

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal