COMO APUNTARTE?

 Se queres ser unha persoa voluntaria tes que ser membro da comunidade universitaria e en virtude da túa decisión persoal, libre e altruísta e mais nunha situación de inexistencia de relación laboral, mercantil ou de traballo remunerado, participar en calquera proxecto voluntario mediante unha entidade de acción voluntaria.


Que tes que facer?
- Tes que elixir o proxecto/programa no que queres incorporarte como voluntariado.

Proxectos de colaboración entre os que podes escoller son:

  • Proxectos propios da Universidade de Vigo.
  • Proxectos en colaboración con entidades do entorno.

- Porte en contacto coa entidade colaboradora ou co servizo/área da Universidade de Vigo onde queres incorporarte para coñecer o horario, o lugar e todo o que che interese coñecer.

- Unha vez que tes claro a túa incorporación nunha acción de voluntariado, terás que encher o seguinte impreso:

Ficha de inscrición

- Debes cubrir todos os datos que se solicitan no documento, imprimila, asinala e presentala ou enviala, xunto coa copia do NIF/NIE, á Sección de Extensión Universitaria.

 

Aquí recibiremos a túa solicitude e en breve poñerémosnos en contacto contigo para ampliarche toda a información que precises sobre programas en marcha, formación básica e específica e demais temas.

Agardámoste!

 

 

 

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal