Curso 2013/2014

Incorporación de estudantes
  • A admisión (preinscrición) polo proceso convocado pola Comisión Interuniversitaria de Galicia farase a través dos procedementos telemáticos establecidos (http://ciug.cesga.es). Para poder formalizar matrícula en primeiro curso por primeira vez hai que ter concedida previamente a admisión.
  • O resto das admisións (por recoñecemento de ECTS, cursos ponte, adaptación dunha titulación oficial en proceso de extinción ao grao que a substitúe e a admisión por cambio de centros entre titulacións de grao co mesmo plan de estudos na Universidade de Vigo) farase segundo o procedemento indicado para cada caso na norma segunda da convocatoria de matrícula.
Prazas ofertadas
 
Formalización da matrícula
É importante ler a convocatoria de matrícula antes da súa formalización. Ésta farase a través da secretaría virtual no seguinte enlace: https://seix.uvigo.es/uvigo.sv/
Na Universidade de Vigo non existe o trámite de reserva de praza, polo que a matrícula quedará formalizada nese mesmo momento, independentemente de que entregue ou non a documentación necesaria e de que os prezos públicos estean ou non aboados. O feito de non aboar os prezos públicos e/ou non entregar a documentación, non implica que a matrícula non estea formalizada nin a anulación automática da mesma.
 
Convocatoria (recoméndase a súa lectura)
  • Resolución reitoral de 31 de maio de 2013, pola que se publica a convocatoria de matrícula para o curso 2013/2014 para as ensinanzas de grao, titulacións a extinguir e titulacións propias
 
Prezos por estudos conducentes á obtención de títulos oficiais e exencións, axudas e subvencións do pagamento
 
Prazos de matrícula
Todos os prazos de preinscrición en titulacións con límite de prazas rematan ás 14 horas do último día do prazo establecido.
Os prazos de matrícula e modificación que se realicen por internet (secretaría virtual) rematarán ás 24 horas do último día do prazo, agás a matrícula en titulacións con límite de prazas que rematará ás 14 horas.
O horario para  trámites de forma presencial nas secretarías dos centros e no Servizo de Alumnado é de 08:30 a 14:30 horas, salvo nos meses de xullo e agosto, Semana Santa e Nadal que é de 09:00 a 14:00 horas.
 
Prazos de modificacións
 
Prazos de solicitude de anulación total de matrícula. IMPORTANTE: As solicitudes de anulación total, dirixidas ao Servizo de alumnado, presentaranse por calquera dos seguintes medios:
  • no rexistro xeral do campus de Vigo (Edificio Xerencia e Servizos Centrais - Campus de Vigo)
  • no rexistro auxiliar (E.U.E.T. Industrial – rúa Torrecedeira – Vigo)
  • no rexistro auxiliar do Campus de Ourense (Edificio Administrativo - As Lagoas)
  • no rexistro auxiliar do Campus de Pontevedra (E.U.E.T. Forestal – A Xunqueira)
  • por calquera outro previsto na Lei 30/92, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/99 do 13 de xaneiro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
 
Oferta prazas para libre elección
  • Catálogo das materias de libre elección para o curso 2013/2014
 
Adaptacións e validacións (titulacións a extinguir)
 
Recoñecemento de créditos (titulacións de grao)
 
 
Teléfonos e enderezos electrónicos dos centros da Universidade de Vigo
 
 
 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal