Pasos para configurar eduroam en iPhone/iPod/iPad

Configurar eduroam

En caso de ter un iPhone o iPod, debemos comprobar que a versión do teléfono sexa como mínimo 2.0 antes de unirnos á rede eduroam. Para elo navegamos a través de Axustes -> Xeral -> Información

Imagen del manual paso 1

Despois de comprobar que no recuadro Versión móstrase unha versión igual ou maior a 2.0 procederemos a instalar o certificado de eduroam. Para este paso debemos estar conectados por WiFi a persoal ou alumnos ou a través de datos 3G. Abrimos o navegador do iPhone/iPod/iPad:

Imagen del manual paso 2

E na barra de dirección escribimos http://si.uvigo.es/eduroam.mobileconfig e unha vez pulsada a tecla entrar aparecerá a seguinte pantalla

Imagen del manual paso 3

Unha vez pulsado no botón Instalar pediranos a confirmación de instalar un Perfil sen firmar, aceptaremos a instalación pulsando sobre o botón Instalar.

Imagen del manual paso 4

Unha vez instalado, debemos introducir ós datos obrigatorios para conectarnos a eduroam, o primeiro dato solicitado é o nome de usuario, aquí debemos introducir o noso correo electrónico, por exemplo usuario@uvigo.es:

Imagen del manual paso 5

E a continuación a nosa clave de usuario:

Imagen del manual paso 6

Unha vez introducidos os datos aparecerá unha pantalla de confirmación, indicando que o Perfil foi instalado:

Imagen del manual paso 7

Unha vez pulsado OK na parte superior dereita, podemos navegar ata Axustes -> Wi-Fi e conectarnos a eduroam:

Imagen del manual paso 8

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal