Estrutura, misión e visión

Benvida á páxina do Servizo de axudas ao estudo, bolsas e prezos públicos. Atoparás nesta páxina información sobre trámites que te axudarán a financiar a túa carreira universitaria, e trámites relacionados cos aspectos económicos da túa matrícula e vida académica.

Na páxina de Inicio no apartado de Novidades iremos publicando enlace directo aos asuntos de recente publicación na web, e no apartado de O mais consultado podes acceder diretamente aos temas de máis interese en cada época do ano.

Se precisas máis información que a existente na páxina web contacta con nós:

Servizo de axudas ao estudo, bolsas e prezos públicos

Edificio de Xerencia - Campus Universitario de Lagoas-Marcosende - Vigo

Teléfono 986 813 611

bolsas@uvigo.es

prezospublicos@uvigo.es

 

Organigrama

 

Posto
Nome
Teléfono
Enderezo electrónico
Xefa do Servizo
Rosa Graña Costas

986 814 097

Xefa da Sección de Bolsas
Guadalupe Fernández Romero

986 811 999

Xefa da Área de Bolsas
Elvira Páramo Calvo

986 812 698

Xefa do Negociado
Cristina Pérez Castro

986 812 699

Posto Base
María José Fernández Failde

986 813 611

Posto Base
Marina Oitabén Leiras

986 813 612

Posto Base
Ángeles Táboas Cadabón

986 813 611

Xefa da Área de Bolsas
Purificación Fandiño Pérez

986 813 761

Xefe do Negociado
José Carlos Pazos Fernández

986 814 094

Posto Base
Rosa Elvira Araújo Blanco

986 814 094

Xefa da Sección de Prezos Públicos
María Begoña Fernández Silvoso

986 818 773

Xefa do Negociado
Ana Rodríguez González

986 130 116

 

Misión

O Servizo de axudas ao estudo, bolsas e prezos públicos ten como misión a información, xestión, tramitación e resolución das bolsas e axudas ao estudo destinadas ao estudantado da Universidade de Vigo, e en concreto das convocatorias Xeral do MECD-Goberno Vasco, e as propias da universidade, así como das bolsas de formación convocadas pola Universidade de Vigo.

Así mesmo encárgase da información e tramitación dos procedementos de xestión de prezos públicos relativos á vida académica dos/as estudantes.

 

Visión

O Servizo de axudas ao estudo, bolsas e prezos públicos quere ser un referente na prestación de servizos de calidade á comunidade universitaria, en especial ao estudantado dada a importancia social da súa misión (garantir a igualdade no acceso ao ensino superior), mediante un proceso permanente de actualización técnica, formativa e de organización de procesos e métodos de traballo.

A súa actividade réxese polos principios de:

  • Compromiso co servizo público de educación superior.
  • Mellora continua da calidade do servizo prestado e a eficiencia na utilización de recursos públicos.
  • Transparencia na xestión e rendición de contas a través da publicidade e claridade das funcións, tarefas, procesos e resultados.
  • Un modelo de xestión centrado na persoa usuaria a través de procedementos sinxelos e evitando a excesiva burocratización.
  • Traballo en equipo, participación e comunicación interna, como base das relacións entre as persoas.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal