Prezos públicos

Pica no tema que máis che interese coñecer e irás directamente á información:

Prezos matrícula

icono prezos

Pagamento

icono pagamento

Descontos

icono descontos

Outros prezos

icono taxas

 

Prezos matrícula

Decreto 65/2017, do 6 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2017/2018.

Nas seguintes táboas podes consultar os prezos das titulacións oficiais da Universidade de Vigo

  • ESTUDOS DE GRAO
  • ESTUDOS DE MÁSTER QUE HABILITEN PARA O EXERCICIO DE ACTIVIDADES PROFESIONAIS
  • OUTROS ESTUDOS DE MÁSTER

 

Simulador prezos académicos para a matrícula do curso 2017/2018: se premes aquí podes calcular o prezo da túa matrícula segundo o número de créditos nos que te matricules e segundo a titulación.

 

Resolución Reitoral do 27 de xullo de 2017: Para o alumnado estranxeiro maior de 18 anos que non teña a condición de residente (excluídos os nacionais de Estados membros da Unión Europea e aqueles aos que lle sexa de aplicación o réxime comunitario) estes prezos se incrementarán nun 25%.

 

Centros adscritos: Nalgúns Centros Adscritos ademais dos prezos establecidos polo Decreto tedes que aboar as mensualidades que cada centro estableza; para máis información aconsellamos contactar co propio centro:

  • Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
  • Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra
  • Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín
  • Escola Universitaria de Profesorado de Educación Xeral Básica "María Sedes Sapientae" de Vigo  
  • Escola Universitaria de Enfermaría "Meixoeiro" de Vigo
  • Escola Universitaria de Enfermaría "POVISA" de Vigo
  • Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE)
 

 

Pagamento

  • Modalidades de pagamento. Podes elixir entre:
    • Íntegro: aboarase o importe total da matrícula xa sexa en efectivo, con tarxeta ou por domiciliación bancaria.
    • Fraccionado: aboarase en 6 prazos, necesariamente por domiciliación bancaria. Os prezos correspondentes aos servizos administrativos serán cargados no primeiro prazo. Dependendo do día da formalización ou modificación da matrícula, os prazos serán distribuídos do seguinte xeito:

 

  • Formas de pagamento: Podes pagar a túa matrícula de tres formas
    • Efectivo: ao realizar o trámite de matrícula o programa informático emitirá un resgardo de pagamento. Debes dirixirte con él a unha oficina de Abanca, Banco Santander ou Caixabank no prazo de 30 días naturais desde a data de emisión do resgardo.
    • Tarxeta: podes realizar o pagamento no momento en que realizas o trámite de matrícula a través da pasarela que se abre no programa informático ao elixir esta opción.
    • Domiciliacion bancaria: no momento de realizar o trámite de matrícula tes que indicar o número da conta bancaria. Se non eres titular da conta tes que indicar o NIF, nome e apelidos da persoa titular. Ao finalizar o trámite de matrícula o programa informático xera de forma automática un impreso denominado SEPA que tes que imprimir, asinar ti e/ou o titular, e entregar na Secretaría de alumnado do Centro no que estudas.
  

Descontos e exencións

No momento de realizar o trámite de matrícula debes marcar no apartado Exencións todos os descontos/exencións aos que teñas dereito. Posteriormente terás que entregar na Secretaría de alumnado do Centro no que estudas a documentación que acredite o dereito.
Bonificacións:
  • Matrícula de honra, premio extraordinario, medalla nas olimpiadas científicas
Se obtiveches matrícula de honra global en 2º de bacharelato, no último curso de Ciclo Superior, Premio extraordinario de bacharelato ou Ciclo Superior, ou Medalla nas Olimpiadas científicas nacionais e internacionais, terás dereito á exención dos prezos públicos por servizos académicos por unha soa vez, no primeiro curso.
Documentación a presentar: copia da certificación académica ou acreditativa do premio ou medalla.
Exencións:
  • Solicitante de bolsa xeral do MECD ou Goberno Vasco
Se no momento de realizar a matrícula xa solicitaches ou tes intención de solicitar unha bolsa MECD ou do Goberno Vasco, o pago da matrícula quedará paralizado ata que se resolva a túa solicitude. Se a solicitude fose denegada a Universidade xerará automáticamente un resgardo de pagamento do importe da matrícula.
  • Persoal das universidades públicas galegas.
Cada ano as Universidades galegas realizan unha convocatoria dirixida ao persoal das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. Para solicitar a subvención no momento de realizar o trámite de matrícula debes seleccionar esta opción. Unha vez confirmada a matrícula con exención se lle envía un correo electrónico á persoa titular do dereito co fin de que sexa aceptada a solicitude.
Documentación a presentar: copia do libro de familia que debes enviar a prezospublicos@uvigo.es
  • Familia numerosa
Segundo sexas familia numerosa de categoría xeral ou especial teras dereito ao desconto da metade ou do total do importe de prezos públicos.
Documentación a presentar: copia do título oficial de familia numerosa que deberá estar vixente no prazo de matrícula.
  • Discapacidade
Se tes recoñecido un nivel de discapacidade igual ou superior ao 33% terás dereito a un desconto do total do importe de prezos públicos.
Documentación a presentar: copia da certificación de discapacidade.
  • Vítima de acto terrorista
          Se tes recoñecida a condición de vítima de terrorismo terás dereito á exención dos prezos públicos por     servizos académicos.

      Documentación a presentar: documentación acreditativa da condición

  • Vítima de violencia de xénero
 Se tes recoñecida a condición de vítima de violencia de xénero terás dereito á exención dos prezos públicos por servizos académicos.
Documentación a presentar: documento acreditativo que debe estar adoptadou ou emitido no prazo de 24 meses inmediatamente anteriores á data de formalización da matrícula.

 

 Seguro escolar

O seguro escolar protexe ao estudantado menor de 28 anos, dende 3º de ESO ata o terceiro ciclo universitario contra accidente escolar, enfermidade ou infortunio familiar, outorgandolles prestacións médicas, farmacéuticas ou económicas segundo o caso. No teu resgardo de matrícula podes comprobar que vai incluída unha taxa que se corresponde a este seguro.
Podes consultar máis información nos seguintes enlaces

 Por outra banda na Universidade existe a posibilidade de subscribir un seguro voluntario:

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal