Obxectivos xerais do gabinete

  • Prestar atención aos estudantes que o requiran nas diferentes áreas (persoais, psicolóxica, académica e vocacional) segundo sexan as demandas e necesidades.
  • Mellorar o nivel de autocoñecemento e comprensión da realidade.
  • Incrementar os niveis de autoestima e motivación persoal.
  • Aprender a acadar e manter o benestar psicolóxico que todos desexamos e necesitamos.
  • Previr situacións persoais de dificultade, transmisión e risco, recurrindo aos servizos e recursos de apoio e axuda pertinentes.

O gabinete psicopedagóxico foi creado para atender as crecentes necesidades de tipo académico e persoal que presentan os estudantes universitarios. Para iso, ofrecemos información, obradoiros, e por suposto, atención individual

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal