Unidade de Igualdade

A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo constitúe o instrumento político responsable da incorporación transversal do principio de igualdade efectiva entre os homes e as mulleres en todos os ámbitos da comunidade universitaria.

A Unidade créase por acordo do Consello de Goberno, en xullo de 2006, e ten encomendada a tarefa de promover medidas que garantan o acceso en igualdade de condicións á investigación a aos estudos universitarios, ao traballo e á promoción profesional das mulleres e dos homes na Universidade de Vigo, así como realizar o seguimento do desenvolvemento e cumprimento da lexislación e dos plans e medidas que se adopten na materia.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal