Alumnado estranxeiro

Cursar estudos na Universidade de Vigo

O alumnado estranxeiro que desexe vir á Universidade de Vigo para realizar parte dos seus estudos, preparar un proxecto ou redactar unha tese, pode beneficiarse de diferentes programas especialmente deseñados para dar resposta ás súas necesidades.
Así, os programas Sócrates, ISEP, ou os convenios bilaterais, permitiranlles a estes estudantes matricularse na Universidade de Vigo sen pagar as taxas da institución, as cales si terá que aboar o alumnado que queira estudar nesta universidade en calidade de visitante estranxeiro.

Para máis información: Eva Garea (ori1@uvigo.es)

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal