Clima

A Universidade de Vigo está situada na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. O clima é de tipo oceánico, polo que hai abundantes chuvias durante o outono e invierno, pero primaveras e veráns moi agradables. As temperaturas son suaves ao longo do ano; oscilan entre os 5º e 10º C no inverno e os 25º e 30º C no verán. En Ourense, as temperaturas poden baixar ata os 0º C no inverno e subir ata os 35º C no verán. Aconsellámoslle, por iso, que veña provisto de roupa de abrigo, paraugas, pero tamén con bañador para ir á praia na primavera e verán.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal