Benvido á Universidade de Vigo!

O obxectivo desta guía é proporcionarlles información práctica aos estudantes extranxeiros que desexen cursar estudos na Universidade de Vigo, no marco dun programa de intercambio ou dun convenio de cooperación internacional, ou como estudantes visitantes extranxeiros, durante un cuadrimestre ou un curso académico completo.

A Universidade de Vigo é unha institución moderna e innovadora que ofrece máis de 50 titulacións en tres campus: o Campus de Vigo, que inclúe o campus de Lagoas, Marcosende (a 15 quilómetros do centro da cidade) e o campus histórico en Torrecedeira; o Campus de Ourense e o Campus de Pontevedra. A matrícula global nos tres campus supera os 24.000 estudantes, e esta universidade conta cun cadro de persoal de máis de 1600 profesores e profesoras que imparten programas de primeiro e segundo ciclo, así como de posgrado. A oferta de titulacións ten un marcado carácter científico-tecnolóxico, pero cobre todos os ámbitos do coñecemento, con algunhas titulacións exclusivas en Galicia e poco frecuentes na rede de universidades españolas, como a de Belas Artes no Campus de Pontevedra, Minas e Telecomunicación no de Vigo ou Turismo no de Ourense.

Como institución comprometida coa cooperación internacional, a Universidade de Vigo ten máis de 400 convenios de cooperación asinados con institucións de educación superior en 38 países diferentes.

Desexamos que esta guía lle resulte de grande utilidade e poida responder ás primeiras cuestións que xorden ante unha estancia no extranxeiro e especialmente na Universidade de Vigo. Toda guía resulta sempre incompleta pero esperamos poder facilitarlle información básica sobre o calendario académico, o aloxamiento, o seguro médico etc.

O persoal da Oficina de Relacións Internacionais deséxalle unha frutífera estancia na Universidade de Vigo.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal