Chamar por teléfono

Para chamar a España desde o estranxeiro debe marcar 34 mais o número de teléfono. Se quere realizar unha chamada desde España ao estranxeiro deberá marcar 00, mais o código internacional do país e o número de teléfono (incluído o código rexional).

Pode consultar os prefixos internacionais en calquera guía telefónica ou na seguinte páxina web: http://www.telefonica.es. Para información nacional marque o 11822 ou o 11888. Marque o 11825 para información internacional.

En España existen varias compañías de telefonía fixa (Telefónica, Jazztel, Uni2, R etc.) desde as que poderá realizar chamadas locais, nacionais e internacionais. Os prezos dependen do destino e do horario en que efectúe as súas chamadas, pero xeralmente a tarifa é máis económica pola noite e durante a fin de semana. Ao ser unha compañía galega, R ofrece tarifas económicas para as chamadas locais e provinciais. Tanto Telefónica como R teñen cabinas repartidas por todas as cidades galegas. Pode adquirir as tarxetas de teléfono en estancos ou quioscos.

Se desexa adquirir un teléfono móbil recomendámoslle que consulte as numerosas ofertas das distintas compañías como Orange, Movistar ou Vodafone. Xeralmente, ofrecen dúas modalidades para elexir:

  • Teléfono de contrato: debe asinar un contrato e pagar unha cantidade mensual polo servizo, ademais das chamadas efectuadas.
  • Teléfono de tarxeta: o teléfono funciona cunha tarxeta prepago que deberá recargar nun distribuidor, tenda especializada ou caixeiro automático.

Á hora de adquirir o seu teléfono móbil debe ter en conta o tipo de chamadas que vai realizar e a franxa horaria. Pode consultar as tarifas de cada compañía en:

http://www.telefonica.es

http://vodafone.com / http://www.orange.es / http://www.uni2.es / http://www.uni2.es

Teléfonos de atención ao cliente:

Vodafone: 607 123 000; Movistar: 1485; Orange: 1414; Uni2: 1414; Jazztel: 881 240 600

Teléfonos de interese:

  • Policía: 091
  • Garda Civil: 062
  • Policía municipal: 092
  • Bombeiros: 080. Vigo: 986 433 333. Pontevedra: 986 872 220. Ourense: 988 371 313
  • Sergas (urxencias hospitalarias): 061
  • Información toxicolóxica: 91 562 0420
  • Turismo rural: 981 542 527
  • Información de tráfico: 900 123 505
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal