Servizos postais

Correos é a compañía estatal de servizo postal. Conta con oficinas distribuídas por toda Galicia desde as que se poden enviar cartas, paquetes, faxes e telegramas, así como mandar e recibir xiros postais. As oficinas principais son:

Ourense

R/ Progreso, n.º 53

Tfno.: 988 255 524

Pontevedra

R/ Oliva, n.º 19-21

Tfno.: 986 851 677

Vigo

Avda. García Barbón, n.º 50

Tfno.: 986 438 144

O horario destas oficinas é de 8.30 a 20.30 de luns a venres e de 9.30 a 14.00 os sábados. Para máis información consulte a páxina web: www.correos.es, ou chame ao teléfono de información: 902 197 197. Os selos pódense adquirir nas oficinas de correos ou nos estancos.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal