Servizos e Instalacións: Bibliotecas

Biblioteca universitaria

A Biblioteca da Universidade de Vigo é unha unidade de apoio á investigación, á docencia e ao estudo. Son usuarios de pleno dereito todas as persoas que integran a comunidade universitaria e, como tales, teñen dereito a acceder aos servizos que a Biblioteca universitaria lles ofrece. Para acceder a estes servizos é imprescindible contar coa tarxeta que identifica ó usuario como membro da comunidade universitaria. Esta tarxeta será persoal e válida para todas as bibliotecas da Universidade e tramítase xunto coa matrícula.

Alumnos Erasmus e outros programas de intercambio: para obter o acceso aos servizos da biblioteca deberán presentar en calquera dos mostradores de préstamo das bibliotecas da universidade os seguintes documentos:

  • Pasaporte ou cédula/tarxeta de identificación
  • Documento de aceptación expedido pola ORI ou resgardo de matrícula
  • 1 foto de carnet

Por norma xeral, os estudantes de grao/licenciatura poderán levar en préstamo ata 3 libros durante 10 días; os estudantes de posgrao/terceiro ciclo ou os que estean realizando un proxecto fin de carreira/traballo fin de grao, 10 libros durante un mes.

A Biblioteca da Universidade de Vigo componse na actualidade de once puntos de servizo repartidos en tres campus:

Campus de Vigo

Biblioteca Central

986 813825

Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

986 812408

Biblioteca da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

986 812682

Biblioteca da Facultade de Filoloxía e Tradución

986 812269

Biblioteca das Facultades de Ciencias Experimentais

986 812658

Biblioteca das Escolas de Enxeñ. de Minas e Enxeñ. Industrial

986 812208

Biblioteca da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

986 812105

Biblioteca de Torrecedeira

986 813739

 

Campus de Ourense

 

Campus de Pontevedra

 

En total, a Biblioteca dispón de aproximadamente 3000 postos de lectura cun horario de 8:30 a 21:00 h de luns a venres. En épocas de exames a biblioteca de Torrecedeira e as Bibliotecas Centrais dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo poderán establecer horarios extraordinarios de apertura nocturna e de fin de semana sen servizo de préstamo. Para consultar estes horarios especiais é recomendable preguntar na biblioteca ou acceder á páxina de información da mesma, a través do seguinte enlace: Horarios

Acceso aos recursos de información

Para dar a coñecer os servizos e recursos cos que conta a biblioteca, está dispoñible unha páxina web coa información principal sobre as súas seccións, servizos, horarios, direccións de correo electrónico e teléfonos de contacto, normativas e demáis información, que pode ser de interese para os membros da comunidade universitaria. Esta páxina é accesible desde a web da Universidade de Vigo, na opción Biblioteca. Para coñecer as funcionalidades básicas que ofrece a biblioteca pódese visualizar o seguinte video: (http://tv.uvigo.es/video/23502). Desde o apartado da páxina web da Biblioteca tamén se pode acceder ao Perseo, catálogo da biblioteca universitaria para consultar os fondos existentes, así como a súa dispoñibilidade para o préstamo. Para coñecer o seu funcionamento pode consultarse o seguinte tutorial http://tv.uvigo.es/video/36876
 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal