Viaxe a Galicia: transporte

Se vai cursar estudos en Vigo...

O avión é o medio de transporte elexido pola maioría dos estudantes estranxeiros. Pode voar ao aeroporto de Peinador en Vigo con Iberia, Spanair, ou con Air France.

O aeroporto de Peinador está situado a uns 15 km da cidade. Para chegar ao centro da cidade de Vigo pode coller un taxi (aproximadamente 16 euros).

Tamén pode viaxar en avión ata Santiago de Compostela, a capital de Galicia, ao Porto, en Portugal (compañía aérea TAP). Tanto Santiago de Compostela como O Porto teñen vos directos coas cidades europeas máis importantes. Desde ambas cidades pódese chegar a Vigo en tren ou en autobús.

Se vai cursar estudos en Ourense ou Pontevedra...

Ningunha destas dúas cidades dispón de aeroporto. Se viaxa en avión, pode voar ata Vigo, Santiago de Compostela ou O Porto e coller despois un tren ou un autobús ata Ourense e Pontevedra. Se vén desde O Porto, terá que viaxar vía Vigo.

Tamén pode optar por viaxar ata Madrid e desde alí coller un tren ou un autobús. Ourense está situada a 470 km de Madrid e Pontevedra a 564 km.

Páxinas web de interese:

Teléfonos de interese:

  • Información aeroporto de Vigo: 986 268 200
  • Información IBERIA: desde o estranxeiro: +34 915 877 810; desde España: 902 400 433
  • Información SPANAIR: 902 929 191
  • Información RENFE: 902 240 202
  • Información estación de autobuses: 986 373 411 (Vigo). 986 852 408 (Pontevedra). 988 216 027 (Ourense)
  • Información autobuses AUTO RES: 986 377 878 (Vigo). 986 862 536 (Pontevedra). 988 218 410 (Ourense). 915 517 200 (Madrid).
  • Información autobuses AUTNA: 986 288 030
  • Información autobuses CASTROMIL: 981 555 760
  • Autobuses en Vigo-VITRASA: 986 291 600 (http://www.vitrasa.es)
  • Servizos de taxi en Ourense: 988 371 643/ 988 213 855/ 988 220 069/ 988 232 716
  • Servizos de taxi en Pontevedra: 986 868 585/ 986 851 285/ 986 851 200
  • Servizos de taxi en Vigo: 986 272 829/ 986 252 700/ 986 470 000

Lembre que se chama desde o estranxeiro, deberá marcar o prefixo 34 antes do número de teléfono ao que desexe chamar.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal