Proxectos Internacionais

Un dos obxectivos estratéxicos da Universidade de Vigo no marco da súa política de internacionalización é apoiar de forma activa a participación da comunidade universitaria da Universidade de Vigo en proxectos internacionais de innovación educativa e cooperación internacional, especialmente no marco das convocatorias publicadas pola Unión Europea, AECID ou Xunta de Galicia. E polo tanto se ofrecen os seguintes servizos ao profesorado da Universidade de Vigo:

  • Información actualizada  sobre convocatorias, prazos e oportunidades de proxectos internacionais.
  • Apoio no acceso e comprensión do proceso de solicitude
  • Axuda na busca de socios internacionais e na formación de consorcios.
  • Colaboración  no deseño e desenvolvemento de propostas competitivas
  • Asistencia técnica na implementación dos proxectos aprobados, tanto en calidade de socio como de coordinador.
  • Interpretación das normas de financiamento nos proxectos en execución .
  • Xestión e arquivo do expediente do proxectos
  • Xestión orzamentaria.
  • Apoio na xustificación e auditoría.

Normativa interna

Contacto: Eva Garea Oya (ori1@uvigo.es)

 

Información sobre convocatorias

 

Proxectos en execución

 

Histórico de proxectos

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal