Convenios e contratos de investigación

Cada vez é máis frecuente e necesario que a I+D aplicada e o desenvolvemento tecnolóxico que se realiza na Universidade se leve a cabo dende as primeiras etapas, en colaboración con outros axentes do sistema de innovación, fundamentalmente coas empresas. Neste sentido distinguimos dúas vías de realización das actividades de I+D+i:

I+D por encargo: unha empresa ou organización encárgalle á Universidade a realización dun proxecto de I+D, propón os obxectivos, asume os riscos e paga o seu custo, e finalmente dispón dos resultados. Esta actividade formalízase mediante un contrato.

I+D colaborativa: os participantes dos proxectos involucran os seus recursos, comparten riscos e obxectivos e distribúen a propiedade dos resultados. Formalízase mediante un convenio ou acordo de colaboración.

En ambos os casos, as organizacións poden acudir ás diversas axudas públicas para obter financiamento das súas actividades de I+D+i.

Para calquera consulta ou xestión sobre contratos e convenios coa Universidade de Vigo pode dirixirse a:

Sección de Transferencia

S.º de Apoio á Investigación e Desenvolvemento

Universidade de Vigo, campus de Vigo

Edificio Xerencia, planta baixa.

As Lagoas, Marcosende s/n

36310 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986 811 942 / 986 818 668

Enderezo electrónico: contratos.investigacion@uvigo.es

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal