Vicerreitor de Transferencia do Coñecemento

Fotografia de Xose Vilan

Dr. D. Xosé Antonio Vilán Vilán

Profesor Titular de Enxeñería Mecánica

 

 

Enxeñeiro Superior Industrial e Doutor Enxeñeiro en Electrónica, Automática e Sistemas de Potencia pola Universidade de Vigo. Profesor en formación desde 1991 e Profesor Titular desde 1998 no Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos. Director do devandito Departamento desde 2000 até 2006.
 

É Director do grupo CIMA (Centro de Enxeñaría Mecánica e Automoción) desde 2001 e tamén Director Xeral do único Laboratorio Oficial de Vehículos de Galicia concedido polo Ministerio de Industria desde 2007.
 

Medalla de ouro á mellor invención no XXXV Salón Internacional de Novos Produtos en Xenebra. Primeiro premio da Academia Galega das Ciencias ao proxecto INNEO ano 2006. Mellor Patente Española do ano 2007 e conta con 13 equipos mecánicos pesados homologados a nivel internacional pola maior parte das Sociedades de Clasificación.


Autor de máis de 40 artigos internacionais, 71 proxectos subvencionados autonómicos e nacionais, 63 proxectos baixo financiamento de empresas privadas, 14 patentes nacionais e internacionais, 5 teses doutorais dirixidas.


Na actualidade é IP de 22 proxectos de investigación simultáneos, destacando o deseño do calorímetro (detector de fotóns e raios gamma do choque nuclear) do novo acelerador de partículas do proxecto FAIR, así como colaborador no deseño mecánico dos proxectos XATCOBEO (satélite artificial cubesat que será lanzado no voo inaugural do novo foguete -VEIGA- da ESA), GENSO (system premier da Axencia Espacial Europea para segmentos terreos), HUMSAT (clúster de satélites artificiais apoiado pola ONU, a ESA e a NASA) ou FEMTOXAT (desenvolvido completamente en Galicia e que podería ser o primeiro femtosatélite lanzado ao espazo, apoiado por universidades de California e Kentucky).

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal