Grao en Enxeñaría Química Industrial

O grao en Enxeñaría en Química Industrial proporciona unha formación asentada nas bases teóricas e nas tecnoloxías propias deste ámbito.  

Os graduados en Enxeñaría en Química Industrial ocúpanse do deseño, mantemento e operación de equipos de proceso químico, polo que estudan o control e instrumentación dos procesos químicos, experimentan sobre substancias orgánicas e inorgánicas, transmisión de calor, transferencia de materia, fluxo de fluídos e enxeñaría da reacción química. Así mesmo, estudan o aproveitamento de materias primas, química de produtos naturais, analizan os procesos de fabricación, a contaminación ambiental e a seguridade e hixiene industrial. Estes graduados, por tanto, desempeñan a súa actividade profesional especialmente en industrias nas que se desenvolven procesos químicos, tales como a do petróleo, papel, electricidade, electrónica e do gas, así como no sector do medio ambiente e as administracións públicas. Tamén poden adicarse á docencia e a investigación.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal