Documentación a presentar

  • Formulario de solicitude de admisión.
  • Currículum actualizado.
  • Expediente académico actualizado.
  • Fotocopia do DNI ou Pasaporte.

Máis información sobre proceso matrícula
Secretaría administrativa da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo:
Telf.: 986 81 24 05;
correo-e: aracfccee@uvigo.es

Perfil de ingreso recomendado
O perfil do máster, deseñado para formar profesionais capaces de gestionar empresas socialmente responsables, está dirixido principalmente a licenciados en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Publicidade e RR.PP, Ingeniería Superior, Dereito e Relacións Laborais. Con todo, esténdese o abanico de candidatos a calquera titulado universitario que queira desenvolver a súa carreira profesional no ámbito da Alta Dirección de empresas e a profesionais vinculados ao ámbito da Dirección de Empresas socialmente responsables que desexen actualizar os seus coñecementos e mellorar as súas competencias.

Resulta aconsejable que o alumnado mostre:

  • Interese pola actividade empresarial e a súa responsabilidade social
  • Actitude favorable cara á integración en equipos de composición diversa.
  • Capacidade de adaptación.

Requisitos de acceso aos estudos de Máster
Atendendo ao disposto no artigo 16 do RD 1393/2007, para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario:

  • Estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expededir por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de máster.
  • Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de máster.
  • Non existen criterios de acceso distintos dos derivados da limitación de prazas de novo ingreso e os establecidos pola lexislación vigente para os ensinos de máster. A este respecto cabo poñer de manifesto que o número de prazas ofertadas por este máster é de 25.

Admisión e órgano de admisión
O artigo 17 do RD 1393/2007 establece en canto á admisión aos ensinos oficiais de Máster o seguinte:

  • Os estudantes poderán ser admitidos a un Máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que, no seu caso, sexan propios do título de Máster Universitario ou estableza a universidade.
  • A Universidade incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos, entre os que poderán figurar requisitos de formación previa específica nalgunhas disciplinas.
  • Estes sistemas e procedementos deberán incluír, no caso de estudantes con necesidades educativas específicas derivadas de discapacidad, os servizos de apoio e asesoramiento adecuados, que evaluarán a necesidade de posibles adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos.

En base a iso e en virtude do establecido no artigo 4.1 do Reglamento de Estudos de Posgrao da Universidade de Vigo, a Comisión Académica do Máster constituirase como o Órgano de Admisión encargado de:

  • Aprobar os criterios de valoración de méritos específicas utilizadas no sistema de selección establecido no Máster
  • Establecer e publicar os baremos aplicables
  • Valorar o expediente académico e o curriculum dos candidatos e candidatas, así como os demais criterios de admisión previstos no Máster en virtude dos baremos establecidos.
  • Difundir os resultados do proceso de selección. Tanto os estudantes seleccionados como os non seleccionados poderán esixir a resolución motivada da súa puntuación para que poidan exercer con plenitude e transparencia os seus dereitos dentro do prazo legal de reclamación.

Das 25 prazas ofertadas polo Máster, garántense cinco prazas (20%) para estudantes con necesidades educativas específicas derivadas de discapacidad, a condición de que reúnan os requisitos xerais esixidos para a admisión en canto ás esixencias de formación específica previas, a valoración de méritos propios do título de Máster Universitario e o interese pola temática do Máster e adecuación ao perfil.

Procedementos e criterios de admisión:

En consonancia co antedicho, os procedementos e criterios de admisión específicos para este Máster Universitario son:

  • Esixencia de formación previa específica (40%): Estar en posesión dun título de grado ou outro declarado equivalente. Terán preferencia aqueles relacionados con disciplinas afines ao ámbito xurídico social no que se inscribe este Máster Universitario. A estes efectos, considéranse disciplinas afines as seguintes:
    • Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas
    • Licenciatura en Investigación e Técnicas de Mercado
    • Enxeñeiros Industriais (orientación de Organización Industrial)
    • Enxeñeiros de Organización Industrial
    • Licenciatura en Dereito
    • Licenciado en Economía
  • Valoración de méritos propios do título de Máster Universitario (30%): Os méritos evaluables son os establecidos nos reglamentos da Universidade de Vigo, que establece como méritos preferentes o expediente académico, e os establecidos nesta proposta. Así, a valoración de méritos realizarase mediante expediente académico así como doutra información relevante no CV dos estudantes e, en caso de ter algunha dúbida, confiamos en poder resolvela a través dunha entrevista persoal. Neste punto, valorarase con alta ponderación a competencia lingüística nalgunha das linguas oficiais da Unión Europea, distinta a calquera das linguas oficiais en España, correctamente acreditada polo estudante.
  • A experiencia profesional e outros méritos (20%) relacionados coa administración de empresas e a responsabilidade social, ou que reflicta as habilidades do candidato para esta actividade.
  • Interese xustificado pola temática do Máster e adecuación ao perfil (10%): que se poderá xustificar a través de entrevista persoal, carta de motivación e interese polo máster e/ou carta de recomendación. Atendendo aos obxectivos e capacidades propostos no Máster búscase un perfil de estudante dinámico, interesado pola responsabilidade social empresarial, creativo, con espírito crítico e autocrítico, capaz de evaluar e sintetizar ideas novas e complexas.

En ningún caso contémplase a realización de probas de acceso especiais

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal