Información xeral

 
O Master en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental pretende proporcionar a base para a formación de investigadores que desenvolvan a súa actividade de I+D+i dende o correcto manexo e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente (fonte das materias primas) ata aos últimos avances en procesado ou biotecnoloxía, pasando pola calidade e a seguridade alimentaria, garantindo unha formación integral e multidisciplinar que permita aos egresados desenvolver e implementar novas tecnoloxía no sector agroalimentario, así como o desenvolvemento de novos produtos e/ou a valorización dos que actualmente existen no mercado.

Ten como obxectivo a formación de especialistas para ou desenvolvemento de investigación e ou asesoramento técnico, tanto en Organismos Públicos como en Empresas, en temas relativos o medio ambiente, o sistema tecnolóxico alimentario, ao control de calidade e seguridade alimentaria, e aos factores que incidendirectamente tanto na saúde e calidade de vida dúas cidadáns como na estrutura produtiva e socio-económica de Galicia.

O Master debe garantir a formación avanzada nos seguintes pilares básicos:
  •  Investigación e desenvolvemento de técnicas que nos permitan un correcto manexo e conservación do medio ambiente e dos recursos naturais que son fonte das materias primas.
  • Investigación e desenvolvemento de novos procesos e estratexias na produción, elaboración e conservación de alimentos.
  • Investigación e desenvolvemento de novas estratexias e procedementos que garantan a calidade e seguridade alimentarias.
  • Investigación e desenvolvemento no binomio alimentación-saúde.

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal