Acceso y Admisión de Estudantes

Sin título

 

 

 

 

 

 

 

Demanda

 O número de prazas de novo ingreso ofertadas é de 50.

 

A demanda do título foi a seguinte:

  • 2010/11: 139
  • 2011/12: 110
  • 2012/13: 76 en Matrícula Ordinaria e 35 en Formación Continua
  • 2013/14: 64 en Matrícula Ordinaria e 27 en Formación Continua
  • 2014/15: 59 en Matrícula Ordinaria e 34 en Formación Continua

 

Matrícula

Número de prazas de novo ingreso ofertadas: 50

O proceso de matrícula de todos os títulos está centralizado pola Universidade de Vigo. Consulte a web de automatrícula da Universidade de Vigo para máis información (enlace comprobado o 10-07-2015).

 

Condicions de matrícula 

 

Requisitos Xerais da Universidade de Vigo para o acceso ás titulacións de postgrao: Estar en posesión dun título de Grao ou equivalente (Diplomado/a, Licenciado/a, Enxeñeiro/a, Arquitecto/a).

A incripción dos alumnos ao máster farase valorando o seu expediente académito e CV atendendo aos seus méritos, tal e como se describe no seguinte apartado.

 

VALORACIÓN DE MÉRITOS

 

 Para poder valorar axeitadamente o CV dos alumnos que desexen inscribirse no máster, é necesario que no CV apareza de forma CLARA e DETALLADA os aspectos indicados a continuación.

1. Expediente Académico ata 3 puntos

* É necesario achegar copia de expediente oficial no que figure a nota media da titulación.


2. Outros cursos relacionados cos contendidos do máster ata 2 puntos
Para que sexa posible o seu val é necesario especificar:

* Entidade que imparte o curso.

* Duración/Datas.

* Presencial/semipresencial/ a distancia.

* Breve explicación de contidos.

* Forma de avaliación ( exame, traballo, asistencia, etc...).

3. Experiencia Profesional relacionada cos contidos do máster, ata 5 puntos

É necesario especificar:

* Empresa.

* Sector de actividade.

* Duración contrato.

* Breve descrición da actividades da empresa.

* Descrición do traballos realizados dentro da empresa.

 

PERFIL DE INGRESO

 

O alumnado do Máster en Enerxía e Sostibilidade debe ter como mínimo coñecementos básicos de:

  • Electrotecnia
  • Termotecnia
  • Química Industrial
  • Economía Industrial

Tamén sería recomendable que dispuxese de coñecementos de mecánica de fluídos, instalacións eléctricas e instalacións térmicas.
Polo tanto, o perfil de ingreso recomendado é un enxeñeiro, arquitecto, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, Graduado en titulación relacionada coa Enxeñaría ou a Enerxía. Tamén dependendo da especialidade realizada, poden encaixar no perfil recomendado, entre outros, licenciados en Ciencias Químicas ou Físicas ou similares.


Poderán acceder ao máster os estudantes que cumpran os requisitos de acceso establecidos no artigo 3 do RD 56/2005 do 21 de Xaneiro. As titulacións sen requisitos adicionais de acceso son:

  • Enxeñaría Industrial, Máster en Enxeñaría Industrial
  • Enxeñaría de Minas
  • Grao en Enxeñaría da Enerxía
  • Enxeñaría Técnica Industrial
  • Grao en Enxeñaría Eléctrica
  • Grao en Enxeñaría Mecánica
  • Grao en Tecnoloxías Industriais
  • Enxeñaría Técnica en Industrias Forestais

A Comisión Académica poderá valorar outros requisitos ademais da titulación de grao de orixe, como idiomas, outros Másteres ou cursos realizados en enerxía ou medioambiente, etc... Así mesmo, a Comisión poderá decidir realizar probas de acceso ou entrevistas persoais.

 

 INFORMACIÓN  SOBRE A TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS

 

A normativa e procedemento sobre transferencia e recoñecemento de créditos foron aprobadas pola Universidade de Vigo. Pode consultarse toda a información aquí.

 

PROCEDEMENTOS DE ACOLLIDA E ORIENTACIÓN DOS ESTUDANTES DE NOVO INGRESO 

 

O procedemento documentado para a selección, admisión e matriculación de estudantes aparece recollido no PC05 do Sistema de Garantía Interna de Calidade do Centro.

O Máster realiza unha xornada, prévia ao inicio de clases, de acollida e orientación aos novos alumnos, onde o Coordinador do Máster e os Coordinadores de Materia explican aos novos estudantes:

  • Como contactar coa Coordinación do Máster, Coordinadores de Materia, Profesorado, e Secretaría do Máster.
  • Como se realiza a coordinación entre as materias do máster.
  • Como se realiza o acceso á Plataforma de Teledocencia TEMA.
  • Como se consegue dirección de correo electrónico da Universidade de Vigo
  • Onde se encontra a documentación entregada polo profesorado do Máster e como se accede.
  • Onde se encontra as Guías Docentes, Guía de Titulación, Calendario/Horario, Regulamento do TFM, Guía de Solicitude e Asignación de TFM, Guía de Entrega e Presentación do TFM, etc...
  • Explicación do Procedemento para solicitar o TFM.
  • Explicación do Procedemento para solicitar Prácticas en Empresa.
  • Método de Avaliación de cada unha das materias do Máster na Convocatoria de Xuño e Xullo.
  • Como presentar queixas e suxestións.
  • Clases Prácticas en instalacións previsitas

Así mesmo, na presentación infórmase sobre servizos da Universidade de Vigo de apoio ao alumnado, que pode verse a continuación.

Realízase un documento para apoio á exposición que se deixa como referencia co resto da documentación na Plataforma de Teledocencia TEMA.

 

 

Información sobre el apoyo y orientación a los y las estudiantes

Desde la Universidad de Vigo:

Desde el Centro:

  • Jornadas informativas para alumnado de nuevo ingreso
  • Jornadas informativas para alumnado existente

Estas jornadas se organizan al comienzo de cada curso a los nuevos y actuales estudiantes, donde se les ofrece información básica para realizar su actividad como tales, presentándoles la estructura organizativa de la Escuela, así como el sentido y estructura de sus estudios, informándoles del funcionamiento de los diferentes servicios de la Escuela (biblioteca, aulas de informática, salas de lectura, comedor, transportes…), en particular y de la Universidad de Vigo en general. En esta Jornada se les ofrece información general de carácter académico que les oriente sobre el desarrollo de sus estudios con vistas al mejor aprovechamiento de las actividades formativas programadas de forma específica para cada curso y cada titulación. También se presentan en esta jornada la oferta de movilidad de la Escuela de Ingeniería Industrial, con la colaboración de la Oficina de Relaciones Internacionales (ORI). La información de estos programas es accesible desde la página Web de la Escuela, en su solapa Internacional.

  • Delegación de Alumnos
  • Actividades paralelas de apoyo dentro del curso académico
  • Talleres o conferencias sobre tecnologías o procesos específicos

 

 

 

 

 

 

Información sobre el curso puente o de adaptación (diseño curricular, criterios y condiciones de acceso)

No se contempla

 

Información sobre los complementos formativos necesarios, en función de la formación previa acreditada por el estudiante, se fose o caso

No se contemplan.

 

 

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal