Información xeral

Sin título2

 

 

 

 

 

 

 

O programa de ENERXÍA e SUSTENTABILIDAD é un programa interdisciplinario, con base teórica e metodolóxica nos ensinos técnicos, que ten como obxectivo a formación académica e/ou profesional do alumnado como especialistas en enerxía sustentable na industria.

O concepto de crecemento sustentable obriga a compatibilizar o desenvolvimiento da economía coa calidade ambiental, facéndonos plenamente conscientes de que cando producimos xeramos residuos e efectos ambientais adversos, ademais de bens e servizos. Facer o desenvolvimiento sustentable implica desenvolver e aplicar novas tecnoloxías menos intensivas en recursos, novos materiais, novas fontes enerxéticas, reciclaxe, etc.

O Sector Enerxético é un dos máis intimamente relacionados coa problemática asociada ao desenvolvimiento sustentable: o crecemento económico, o consumo enerxético e o impacto ambiental están intimamente relacionados. É pois, imprescindible lograr o equilibrio entre tres aspectos: como crecer máis, con menor consumo enerxético e como se pode producir, transformar e consumir enerxía minimizando o impacto ambiental.

Dada a enorme importancia do sector enerxético no desenvolvimiento económico, as medidas a aplicar no campo da enerxía deben ser compatibles cos tres principios fundamentais: competitividade, seguridade de abastecemiento e protección ambiental, buscando un crecemento sustentable.

Para lograr este propósito é necesario formar técnicos que dominen simultaneamente as tecnoloxías clásicas, xunto con´as novas enerxías renovables, as políticas e medios de eficiencia e aforro enerxético, a lexislación mediombiental e a economía da enerxía, que constitúen os Obxectivos Xerais deste Máster.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal