Planificación das ensinanzas

 Estrutura e distribución temporal do programa formativo

 

TrabajoAltura

 

 

 

 

 

 

 

O programa pretende ofrecer unha formación avanzada e sistemática no tema de Enerxía e
Sustentibilidad, é dicir economía-enerxía-mediomabiente. Para obter un programa coherente,
estrutúrase en tres módulos (curso 2014/15):

  • Módulo de Enerxías Renovables (27 créditos)
  • Módulo de Tecnoloxías (12 créditos)
  • Módulo de Economia, Enerxía e Medioambiente (10,5 créditos)

As Prácticas en Empresa (optativa de 3c) dará unha visión real do traballo nunha empresa relacionada cos contidos do máster e permitirá aplicar os coñecementos téoricos e prácticos obtidos no resto das materias do máster.

O Proxecto Fin de Máster (10,5c) traballo multidisciplinar que permitirá afondar na interdependencia entre a enerxía, a economía e o medioambiente.

 

Desenvolvemento do ensino

 

O calendario do máster pódese descargar aquí.

As Guías Docentes das materias pódense descargar aquí.

A Memoria do máster pódese descargar aquí.

Os horarios de cada materia do máster pódense descargar dende a plataforma virtual TEMA. As clases serán os venres (15:00 a 21:00) e os sábados (9:00 a 14:00). De forma excepcional, pode haber clase algún xoves (15:00 a 21:00).

 

Traballo Fin de Máster (TFM)

Prácticas externas

 

Composición, funcións e responsabilidades da comisión académica do título

 

De acordo co artigo 4.3.2 do Regulamento dos estudos oficiais de postgrao da Universidade de Vigo (aprobado polo seu Consello de Goberno o 14 de marzo de 2007 e modificado polo seu Conselo de Goberno do 16 de abril de 2010), este título conta cunha Comisión Académica formada por:

  • Presidente/a, que será o/a coordinador/a do POP.
  • Secretario/a nomeado/a pola dirección do centro no que estea adscrito o POP.
  • Un membro da comisión de calidade do Centro no que estea adscrito o POP, nomeado polo centro.
  • Catro vogais que impartan docencia no POP. Na súa selección procurarase que se garanta a representación dos ámbitos das materias presentes no plan de estudos.

A composición actual da Comisión Académica do Máster de Enerxía e Sostibilidade é:

  • Camilo J. Meixela González (Presidente da Comisión)
  • Jorge Morán González (Secretario)
  • Fernando Cerdeira Pérez (Vocal)
  • Miguel Rodríguez (Vocal)
  • Concepción Paz Penin (Vocal)
  • Estrela Álvarez Da Costa (Vocal)
  • Bernardo Parajó Calvo (vocal)

Son funcións da Comisión Académica:

  1. Elaborar, e no seu caso, modificar o regulamento de réxime interno da propia comisión que deberá ser aprobado pola Comisión de Estudos de Posgrao.
  2. Vixiar o cumprimento da actividade docente e académica (cumprimento de horarios de clases e titorías, depósito da guía docente das materias na secretaria do centro de adscrición do POP), velar pola dispoñibilidade dos espazos (aulas, laboratorios, equipos de vídeo conferencia, etc.).
  3. Seleccionar os/as estudantes admitidos/ás no programa.
  4. Emitir informe para o recoñecemento de competencias.
  5. Formular as demandas de recursos humanos e materiais, debidamente xustificadas.
  6. Seleccionar os/as estudantes/ás para bolsas ou estadías de mobilidad noutros centros ou institucións nacionais e do Espazo Europeo de Educación Superior baixo os principios de igualdade e concorrencia competitiva.
  7. Aquelas que nun futuro se determinen, e estean recollidas no Regulamento Interno de la Comisión Académica do máster.

 

Mecanismos de coordinación docente

Os mecanismos de coordinación docente para os títulos de posgrao da EEI desenvólvense segundo o establecido no Procedemento de Planificación e Desenvolvemento do Ensino (PC06) do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) da EEI.

O título considera a figura do Coordinador de materia para asegurar a axeitada coordinación docente en cada unha das materias do título así como entre distintas materias a través de diversas reunións de seguimento programadas polo coordinador do título. As conclusións destas reunións son analizadas pola Comisión Académica do Máster durante a elaboración do informe de seguimento do título que xera, entre outros resultados, un Plan de Melloras.

O coordinador de materia figura en cada unha das guías docentes das distintas materias do Máster. Ademais, o coordinador do título actúa como coordinador do Traballo de Fin de Máster e da materia de Prácticas en Empresa, encargándose de coordinar os distintos titores tanto da Universidade coma da Empresa.

A Coordinación do Máster encárgase, de cara ao alumnado, de articular os medios físicos e humanos precisos para a impartición do máster, realizar a coordinación de contidos entre as materias e supervisar o traballo dos Coordinadores de Materia, de Cuestionarios e de Avaliación, así como resolver aquelas reclamacións do alumnado respecto ao funcionamento do máster que non solucionasen os coordinadores correspondentes. Para poñerse en contacto coa Coordinación dirixirse á dirección de correo electrónico da Secretaría do Máster:

pop_enerxia_sustentabilidade@uvigo.es

ou no teléfono 986812212

Cada materia ten un Coordinador de Materia, encargado do profesorado e documentación. Os alumnos/ás deben dirixirse a eles para calquera problema relativo á documentación, visitas, traballos dirixidos, etc...

 Superposta á estrutura de coordinación do título, a Escola de Enxeñaría Industrial conta cun Unidade de Postgrao (eei.admonposgrao@uvigo.es) e unha Subdirección de Posgrao e Doutorado (eei.posgrado@uvigo.es) co obxectivo de:

  1. Representar ao conxunto dos Másteres da EEI nas súas demandas e reclamacións ante a dirección do centro, os servizos administrativos da Universidade e os órganos universitarios.
  2. Servir de apoio e orientación aos Coordinadores dos Másteres en todos os procesos relacionados ao seu cargo (matriculación, elaboración de informes de calidade, acreditacións ACSUGA/ANECA, etc., bolsas, validacións de créditos, etc...)
  3. Crear unha sinerxía positiva entre os másteres, de forma que se aproveiten as experiencias, procedementos, etc.. de cada un dos másteres, e intentando un converxencia cara a procedementos e documentación administrativa común, respectando sempre as características diferenciadoras de cada un deles.
  4. Planificar as necesidades futuras dos másteres e transmitilas aos órganos universitarios competentes.
  5. Servir de guía aos Coordinares/ás dos novos másteres que se vaian implantando no centro.
  6. Servir de intermediario entre o alumnado de másteres e o director do centro
  7. Todas aquelas que lle delegue o director do centro.

 

Criterios de suspensión do título

A suspensión dun título oficial impartido pola Escola de Enxeñaría Industrial desenvólvese segundo o establecido no Procedemento de Suspensión dun Título (PA02) do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) do Centro. Neste procedemento establécese a sistemática pola cal se suspende unha das súas titulacións e os criterios que deben cumprirse para que poida propoñer a suspensión do título.

 

Perfil de egreso

Fórmanse técnicos que dominen simultáneamente as tecnoloxías e centrais enerxéticas clásicas, xunto coas novas enerxías renovables, as políticas e medios de eficiencia e aforro enerxético, a lexislación ambiental e a economía da enerxía, que constitúen os Obxectivos Xerais, deste Máster.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal