Acceso e admisión de estudantes

acceso

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Demanda

No seu primeiro ano de implantación, o curso 2012/13, o número de prazas de novo ingreso ofertadas foi de 30. Dada a boa acollida da titulación, o número de prazas ofertadas foise aumentando paulatinamente cada curso, ata chegar ás 35 prazas actuais.

A correlación entre a oferta e demanda do título desde a súa implantación é a seguinte:

  • Curso 2012/13:
    • 30 prazas ofertadas
    • 30 matriculados
  • Curso 2013/14:
    • 30 prazas ofertadas
    • 32 matriculados
  • Curso 2014/15:
    • 35 prazas ofertadas
    • 35 matriculados
  • Curso 2015/16:
    • 35 prazas ofertadas
    • 36 matriculados
  • Curso 2016/17:
    • 35 prazas ofertadas
    • 30 matriculados

Matrícula

Número de prazas de novo ingreso ofertadas na actualidade: 35.

A convocatoria e o calendario de matrícula publícanse con antelación á apertura do primeiro prazo de preinscripción.

Ata a publicación da convocatoria e calendario do próximo curso, pode consultarse a convocatoria e o calendario de preinscrpción e matrícula para o curso 2017/18.

O proceso de matrícula de todos os títulos está centralizado pola Universidade de Vigo. Consulte a web de automatrícula da Universidade de Vigo para máis información.

As taxas académicas fíxanse cada ano por decreto da Xunta de Galicia. De momento, poden consultarse os prezos correspondentes ao curso 2017/18.

Información previa á matriculación sobre acceso e admisión

Información sobre o curso ponte ou de adaptación

Non se contempla.

Información sobre os complementos formativos necesarios, en función da formación previa acreditada polo estudante, se fose o caso

Non se requiren complementos formativos para os perfís admitidos.

Información sobre a transferencia e reconociemento de créditos

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo na súa reunión do 23 de xullo de 2008 aprobou a “Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ao EEES”.

Poderanse recoñecer créditos cursados noutras titulaciones equivalentes coas competencias e coñecementos que se impartan no mestrado. O recoñecemento dos devanditos créditos realizarase de acordo co procedemento que estableza o Vicerreitorado competente da Universidade de Vigo. Así, para o curso 2017/2018, aplicarase este procedemento de transferencia para mestrados oficiais.

Procedementos de acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso

O procedemento documentado para a orientación aos estudantes aparece recollido no DO-0203P1 do Sistema de Garantía Interna de Calidade do Centro.

Previo ao comezo da docencia do mestrado desenvolverase unha sesión inaugural de presentación do mesmo aos alumnos matriculados orientada a perfilar o contido, a metodoloxía, a organización e o resto de aspectos docentes do mesmo. Así mesmo, nesta xornada de acollida informarase aos alumnos dos distintos servizos de apoio ao alumnado cos que conta a Universidade de Vigo e facilitaráselles toda a información sobre a Escola (servizos, normas, horarios...) para aqueles alumnos procedentes doutros centros.

Información sobre o apoio e orientación aos e as estudantes

A Universidade de Vigo conta cos seguintes servizos que facilitan o apoio e orientación dos estudantes unha vez matriculados: 

  • Gabinete Psicopedagóxico a disposición dos estudantes para orientarlles e asistirlles tanto en cuestións académicas como noutras de índole persoal.
  • Programa de Apoio á Integración do Alumnado con Necesidades Especiais (PIUNE) para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo.
  • Servizo de Información, Orientación e Promoción do Estudante (SIOPE).
  • Área de Emprego e Emprendemento
  • Oficina de Relacións Internacionais (ORI)

Outras liñas de acción que apoian aos estudantes matriculados son:

  • Xornadas informativas para alumnado de novo ingreso.
  • Plan de Acción Tutorial (PAT) de la Escuela de Ingeniería Industrial.

Por outra banda, os alumnos matriculados neste mestrado estarán integrados no conxunto de titulacións impartidas polo Centro, Escola de Enxeñaría Industrial, por iso contan con todo o asesoramento do equipo directivo da Escola, encabezado polo seu Director e complementado por 5 subdirectores (Planificación Docente, Relacións Exteriores, Infraestruturas, Calidade e Adaptación ao EEES e Secretario). Así mesmo, desde Delegación de Alumnos (con membros pertencentes a Comisión Docente e a Xunta de Escola do Centro) os alumnos poderán canalizar calquera petición, suxestión, etc. á Dirección do Centro ou á Comisión Académica do Mestrado.

Os profesores dos Departamentos de Enxeñaría de Sistemas e Automática e de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos que participan na actividade docente deste mestrado exercerán de titores de todos os alumnos matriculados no mesmo para a súa orientación e seguimento da aprendizaxe. Cada alumno terá asignado un titor que guiará todas as actividades que deba desenvolver o alumno no tempo que curse a titulación.

No caso particular de alumnos provenientes de fóra da Universidade de Vigo, a oficina de relacións internacionais (ORI) dispón de accións tutorizadas nas que participan alumnos locais- para a integración do alumno estranxeiro, instruíndolle no funcionamento da vida universitaria dentro do Campus. Ademais, axudarán ao estudante coa aprendizaxe do idioma e coa integración na contorna cultural do país e da rexión. Este método, que se apoia na maior confianza que inspiran aos alumnos compañeiros con idades e inquietudes similares, xa foi probado anteriormente con éxito e tratarase de levar a cabo na medida que a dispoñibilidade destes "alumnos titor" o permíta.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal