Mestrado en Mecatrónica

 

 logo

 

 

 

 

 

 Consultar o calendario do curso 2017/18

A Mecatrónica é unha rama da enxeñaría que se caracteriza pola"integración sinérxica da enxeñaría mecánica coa electrónica e o control intelixente por computador no deseño e fabricación de equipos e procesos industriais".

Mecatrónica debe considerarse sinónimo de integración: a fusión de mecánica, electrónica, control e computadores -por citar as disciplinas máis relevantes- só pode acadar a funcionalidade desexada a través dun proceso de integración sistémica de todas elas.

Baixo este paraugas xeral identificanse 10 descriptores específicos:

  • Modelado e deseño
  • Integración de sistemas
  • Sensores e actuadores
  • Control intelixente
  • Robótica
  • Control do movemento
  • Control de ruído e vibracións
  • Microsistemas e sistemas opto-electrónicos
  • Sistemas para o automóbil
  • Sistemas de fabricación

É un título oficial de mestrado cuxo plan de estudos obtivo a verificación por parte do Consello de Universidades, previo informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA). Consultar el plan de estudios.

O Mestrado está dirixido a alumnos con formación no ámbito da Enxeñaría Industrial, interesados en profundar, actualizar e completar o seu coñecemento con obxecto de formarse como profesionais capacitados para abordar o deseño integral de maquinaria automatizada e sistemas e equipos "intelixentes".

A titulación obtida non habilita para o desempeño de profesión regulada.

Díptico

Guías docentes

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal