Mestrado en prevención de riscos laborais

Centros onde se imparte o título

Descrición da titulación

  • Rama de coñecemento: Enxeñería e Arquitectura
  • Tipo de ensinanza: Presencial
  • Carácter: Propio
  • Réxime: Completo/Parcial
  • Periodicidade Anual
  • Duración mínima: 1 año
  • Número de prazas de novo ingreso ofertadas: 50
  • Linguas empregadas: Castellano, gallego. Con carácter extraordinario, se prevé también el empleo del inglés, sobre todo para consultas de bibliografía y seminarios y conferencias complementarias.
CARÁCTER
CRÉDITOS ECTS
Obrigatorios
51
Traballo Fin de Master
9
Totais
60

Información xeral

Trátase dun Mestrado Universitario que capacita aos/as estudantes para o desenvolvemento de funcións superiores no ámbito da prevención de riscos laborais dentro da especialidade cursada, posto que o seu plan de estudos está deseñado de maneira coherente co programa formativo que figura no Anexo VIN do RD 39/1997, de Servizos de Prevención de Riscos Laborais, de acordo co que dispón o RD 337/2010.

Cunha orientación académica e profesional, o ciclo permite a obtención do título de Máster en Prevención de Riscos Laborais nas 3 especialidades:

  • Especialista en Seguridade do Traballo
  • Especialista en Hixiene Industrial / Medicamento do Traballo
  • Especialista en Ergonomia e psicosociologia

 

Obxectivos

O programa de Prevención de Riscos Laborais é un programa interdisciplinario, con base teórica e metodológica nos ensinos técnicos, que ten como obxectivo a formación académica e/ou profesional do alumnado como especialistas en seguridade integral na industria.

Dada a escasa implantación da perspectiva dos ensinos sobre seguridade e prevención nas ingenierias españolas, o programa pretende ofrecer unha formación avanzada e sistemática nos conceptos, teorías e metodoloxías da análise tanto de seguridade en instalacións, normativa, prevención de riscos no traballo pertencentes a diversas disciplinas académicas e ámbitos profesionais.

 

Acceso

Estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país de orígen para o acceso aos ensinos de máster.

Tamén poderán acceder titulados de sistemas educativos alleos ao EEES, previa comprobación pola Universidade de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiailes españois e que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.

 

Perfil de ingreso

O Mestrado ten carácter multidisciplinar polo que poden acceder todos aqueles alumnos que posúan unha titulación universitaria, grado ou equivalente (diplomado/a, licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a).

O Mestrado ten unha estrutura flexible e un sistema de recoñecemento e de conversión que permiten o acceso desde distintas formacións previas.

Dado que se imparte nunha Escola Técnica, no caso de producirse unha pre-inscripción maior que o número de prazas ofertadas, terán prioridad os alumnos de grado en Ingeniería (Mecánica, Eléctrica, Electrónica e Automática, Organización Industrial, Tecnoloxías Industriais, Enerxía, Recusos Energéticos, Química e Forestales) ou aqueles que procedan das Ingenierías Industriais, tanto superior como técnica.

 

Descrición da planificación docente

12 módulos distribuídos en 2 cuatrimestres. Horario: mércores, xoves e venres de 16 a 20:30h.

Realizado en 1 curso académico (60 créditos), o núcleo formativo básico compóñeno as seguintes materias obligatorias:

  • Fundamentos das técnicas de mellora das condicións de traballo (3 ECTS)
  • Técnicas de prevención de riscos laborais. Seguridade no Traballo (6 ECTS)
  • Técnicas de prevención de riscos laborais. Higiene Industrial (4,5 ECTS)
  • Técnicas de prevención de riscos laborais. Medicina no Traballo/ Ergonomía e psicosociología aplicada (4,5 ECTS)
  • Xestión da prevención e outras técnicas afines (6 ECTS)
  • Ámbito xurídico da prevención (3 ECTS)
  • Especialidade en Seguridade no Traballo (6 ECTS)
  • Especialidade en Higiene Industrial (4,5 ECTS)
  • Especialidade en Ergonomía e sicosociología (4,5 ECTS)
  • Auditoría nos sistemas de prevención de riscos laborais (3 ECTS)
  • Traballo Fin de Máster (9 ECTS)
  • Prácticas externas (6 ECTS)

 

Admisión

Terán preferencia os alumnos que proveñan de as titulacións mencionadas no epígrafe perfil de ingreso, segundo a orde indicada.

No caso de exceder o número máximo de prazas ofertadas, priorizarase a admisión segundo a orde seguinte:

  1. Expediente académico
  2. CV en temas de Prevención de Riscos. Valorarase o Título en Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais
  3. CV xeral
  4. Outros méritos
  5. Entrevista persoal, se procede

Para a selección dos alumnos crearase unha comisión formada polos coordinadores do posgrao

 

Traballo de Fin de Mestrado

Para a obtención do Mestarado é necesaria a presentación e superación do proxecto final de máster. Este traballo será coordinado polo titor.

O Traballo Fin de Mestrado consiste na redacción dun proxecto completo de Prevención de Riscos Laborais segundo a normativa vigente e o seu defensa ante o Tribunal.

En relación cos seus contidos, o Traballo Fin de Mestrado contará con: título, resumo, introdución, metodoloxía utilizada, marco normativo de referencia, definición do problema obxecto de investigación, resultados obtidos, conclusións, bibliografía, figuras e táboas e anexos.

Para a súa valoración, se trandrá en conta o grado de profundización do estudo e de esforzo académico do alumno, ademais da capacidade de detectar os problemas e intenttar buscar solucións, sobre todo naqueles aspectos técnicos que susciten máis dificultades.

 

Prácticas externas

Con obxecto de que os alumnos coñezan a realidade da prevención de riscos laborais nos diferentes sectores de actividade, realízanse prácticas en empresas tutorizadas por persoal de FREMAP, MUGATRA e doServicio de Prevención da Universidade de Vigo.

Se trata de resolver las problemáticas concretas que surjan de la empresa/mutua en la que los alumnos realizan las prácticas.

En estas prácticas los alumnos deben de entregar una memoria de las mismas. Dicho trabajo se evalúa como parte del sistema de calificación.

 

Mobilidade

En relación á mobilidade de estudantes con Europa poténciase a participación e a obtención de bolsas a través dos programas e accións promovidas pola Comisión Europea e a Axencia Executiva de Educación, Audiovisual e Cultura, especialmente o programa Erasmus (dentro do Programa de Aprendizaxe e Formación Permanente: Lifelong Learning Programme), para o cal se asinan acordos bilaterais Sócrates-Erasmus plurianuais.

Para a mobilidade con outros países non europeos, a través da ORI, promóvese e tramítase a firma de convenios marco e específico con universidades doutros países, como instrumento para facilitar a mobilidade tanto de estudantes como de docentes. No caso de Estados Unidos, a ORI participa activamente no programa ISEP de intercambio de estudantes. Se nos referimos ás relacións e mobilidade con Iberoamérica, Marrocos, Tunes, etc. foméntase a participación nas convocatorias anuais do Ministerio de Asuntos Exteriores e en concreto as accións: Programa de Cooperación Interuniversitaria e bolsas MAEC-AECI. Os estudantes poderán beneficiarse dentro deste tipo de mobilidade con países non europeos do programa de bolsas de intercambio propias da Universidade de Vigo (excepto os estudantes ISEP), así como da convocatoria de axudas complementarias da Xunta de Galicia para estudantes que participan en mobilidade non europea e na convocatoria anual de bolsas internacionais da Universidade de Vigo e Bancaja.

 

Número mínimo de créditos europeos de matrícula por estudante e período lectivo

Tempo completo: 60 ECTS. Tempo parcial: 30 ECTS

 

Normas de permanencia

Normativa de Permanencia da Universidade de Vigo (aprobada polo seu consello social o 2 de abril de 2013).

A normativa de permanencia non é unha norma pechada, senón que se vai adaptando ás necesidades e normas do momento.

A actualización non depende dos responsables do título.

Pode consultarse o documento no seguinte enlace (comprobado o 11-07-2014)

 

Información sobre a expedición do Suplemento Europeo ao Título

A información relativa á expedición do Suplemento Europeo ao Título realízase conforme á lexislación vixente. Pode consultarse o documento na seguinte ligazón (comprobado el 11-07-2014)

 

Memoria vixente do Título

A memoria vicente do Título pode descargarse aquí.

 

Coordinador

  • Nome: José Luis Míguez Tabarés
  • Teléfono: 986 812212
  • Enderezo electrónico: sec-prl@uvigo.es

Páxina web

Prezo

El establecido por Decreto de la Xunta de Galicia

Data publicación BOE

28/05/2012

Data última acreditación

13/05/2009

Data da autorización da implantación do título pola Xunta de Galicia

03/12/2009
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal