Información xeral

O programa de Prevención de Riscos é un programa interdisciplinario, con base teórica e metodolóxica nos ensinos técnicos, que ten como obxectivo a formación académica e profesional do alumnado como especialistas en prevención de riscos laborais.

Dada a escasa implantación da perspectiva dos ensinos sobre seguridade e prevención nas enxeñarías españolas, o máster pretende ofrecer unha formación avanzada e sistemática nos conceptos, teorías e metodoloxías da análise tanto de seguridade en instalacións, normativa, prevención de riscos no traballo pertencentes a diversas disciplinas académicas e ámbitos profesionais.

Trátase dun Mestrado Universitario con orientación profesionalizante que capacita aos/as estudantes para o desenvolvemento de funcións superiores no ámbito da prevención de riscos laborais dentro da especialidade cursada, posto que o seu plan de estudos está deseñado de maneira coherente co programa formativo que figura no Anexo VIN do RD 39/1997, de Servizos de Prevención de Riscos Laborais, de acordo co que dispón o RD 337/2010.

Cunha orientación académica e profesional, o ciclo permite a obtención do título de "Máster en Prevención de Riscos Laborais" nas 3 especialidades:

  • Especialista en Seguridade do Traballo
  • Especialista en Hixiene Industrial
  • Especialista en Ergonomia e psicosociologia

O Mestrado ten carácter multidisciplinar polo que poden acceder todos aqueles alumnos que posúan unha titulación universitaria relacionada con:

  • Estudos técnicos
  • Ciencias Experimentais
  • Ciencias da Saúde
  • E Ciencias Sociais e Xurídicas.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal