Acceso e admisión de estudantes

Accede á sección propia do mestrado

 

coche-es

 

 

 

 

 

 

 

 

  

Demanda

O número de prazas de novo ingreso ofertadas é de 57. A demanda do título desde a súa implantación no curso 2008/09 foi a seguinte:

  • 2008/09: 53
  • 2009/10: 61
  • 2010/11: 55
  • 2011/12: 55
  • 2012/13: 51
  • 2013/14: 45
  • 2014/15: 37
  • 2015/16: 49
  • 2016/17: 46 
  • 2017/18: 42

Matrícula

Número de prazas de novo ingreso ofertadas para o curso 2017/18: 57.

A convocatoria e o calendario de matrícula publícanse con antelación á apertura do primeiro prazo de preinscripción.

Ata a publicación da convocatoria e calendario do próximo curso, pode consultarse a convocatoria o calendario de preinscripción e matrícula do curso 2017/18.

Convocatoria dun prazo extraordinario de admisión en estudos de posgrao para estudantes estranxeiros/as, para o curso 2018/2019.

O proceso de matrícula de todos os títulos está centralizado pola Universidade de Vigo. Consulte a web de automatrícula da Universidade de Vigo para máis información.

As taxas académicas fíxanse cada ano por decreto da Xunta de Galicia. De momento, poden consultarse os prezos correspondentes ao curso 2017/18.

Para o alumnado estranxeiro alleo ao EEES, poden consultarse as taxas de matrícula del curso 2016/17 na siguiente resolución reitoral. Estas taxas mantivéronse en vigor no curso 2017/18.

Acceso

Estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país de orígen para o acceso aos ensinos de mestrado.


Tamén poderán acceder titulados de sistemas educativos alleos ao EEES, previa comprobación pola Universidade de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiailes españois e que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. 

 

Información previa á matriculación sobre acceso e admisión

 

Información sobre a adaptación ao novo plan de estudos

Para máis información consultar a seguinte táboa.

 

Información sobre os complementos formativos necesarios, en función da formación previa acreditada polo estudante, se fose o caso

Non se requiren complementos formativos para os perfís admitidos.

 

Información sobre a transferencia e recoñecemento de créditos

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo na súa reunión do 23 de xullo de 2008 aprobou a "Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ao EEES".

Poderanse recoñecer créditos cursados noutras titulacións equivalentes coas competencias e coñecementos que se impartan no mestrado. O recoñecemento de devanditos créditos realizarase de acordo co procedemento que estableza o Vicerreitorado competente da Universidade de Vigo. 

Para o curso 2017/18 aplicarase este procedemento de transferencia para mestrados oficiais.

 

Procedementos de acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso

O procedemento documentado para a orientación aos estudantes aparece recollido no DO-0203P1 do Sistema de Garantía Interna de Calidade do Centro.

O primeiro día do curso realízase unha xornada de apertura dirixida polo coordinador do mestrado e na que participan profesores das organizacións que colaboran co mestrado. Neste primeiro acto de acollida preténdese achegar aos alumnos aos contidos do plano de estudos e a súa estrutura, obxectivos e finalidade do máster, orientalos respecto da organización, metodoloxías de estudo e os sistemas de avaliación e proporcionarlles unha visión xeral do sector da automoción.

Asemade, nesta xornada infórmase os alumnos dos distintos servizos de apoio ao alumnado cos que conta a Universidade de Vigo e facilitar toda a información sobre a Escola (servizos, normas, horarios...) da Escola para todos aqueles alumnos procedentes doutros centros.

Información sobre o apoio e orientación aos e ás estudantes

A Universidade de Vigo conta cos seguintes servizos que facilitan o apoio e orientación dos estudantes unha vez matriculados: 

Outras liñas de acción que apoian aos estudantes matriculados son:

  •  Xornadas informativas para alumnado de novo ingreso.
  •  Plan de Acción Tutorial (PAT): A través da Área de Calidade da Universidade de Vigo.


Por outra banda, os alumnos matriculados neste mestrado estarán integrados no conxunto de titulacións impartidas polo Centro, Escola de Enxeñaría Industrial, por iso contan con todo o asesoramento do equipo directivo da Escola, encabezado polo seu Director e complementado por 5 subdirectores (Planificación Docente, Relacións Exteriores, Infraestruturas, Calidade e Adaptación ao EEES e Secretario). Así mesmo, dende Delegación de Alumnos (con membros pertencentes a Comisión Docente e a Xunta de Escola do Centro) os alumnos poderán canalizar calquera petición, suxestión, etc. á Dirección do Centro ou á Comisión Académica do Mestrado.

Previo ao comezo da docencia do mestrado desenvolverase unha sesión inaugural de presentación do mesmo aos alumnos matriculados orientada a perfilar o contido, a metodoloxía, a organización e o resto de aspectos docentes do mesmo.

No caso particular de alumnos provinientes de fóra da Universidade de Vigo, a oficina de relacións internacionais (ORI) dispón de accións tutorizadas nas que participan alumnos locais- para a integración do alumno estranxeiro, instruíndolle no funcionamento da vida universitaria dentro do Campus. Ademais, axudarán ao estudante coa aprendizaxe do idioma e coa integración na contorna cultural do país e da rexión. Este método, que se apoia na maior confianza que inspiran aos alumnos compañeiros con idades e inquietudes similares, xa foi probado anteriormente con éxito e tratarase de levar a cabo na medida que a dispoñibilidade destes "alumnos titor" o permita.
 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal