Mestrado en Enxeñería da Automoción

Antes Mestrado en Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil

Último prazo de matrícula: preinscripción do 25 ao 27 de setembro

 Accede á sección propia do mestrado (http://masterautom.webs.uvigo.es) 

 

 

cochenovo

No curso 2017/18 impártese a V edición do Mestrado coa actual denominación, Mestrado en Enxeñería da Automoción, tras o éxito acadado nas cinco edicións precedentes do Mestrado en Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil. 

O mestrado en Enxeñaría da Automoción nace como unha evolución do título anterior, Mestrado en Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil, que fora creado como resposta aos constante cambios que se veñen observando no sector da automoción.

É un título oficial de mestrado cuxo plano de estudos obtivo a verificación por parte do Consello de Universidades, previo informe positivo da Axencia Nacional de Evaluación da Calidade e Acreditación (ANECA). O plano de estudos pode consultarse na seguinte ligazón.


Neste curso continuarase afondando nos cambios e melloras que se puxeron en marcha coa implantación da nova titulación en busca dun programa máis equilibrado e plenamente orientado ás novas necesidades do sector da automoción.


Este Mestrado oficial segue a ser unha iniciativa organizada conxuntamente pola Universidade de Vigo, o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e PSA Peugeot Citroën Vigo.


Unha parte importante do profesorado do mestrado son profesionais destas organizacións, que ademais dos seus recursos humanos poñen a disposición do mestrado as súas instalacións para actividades formativas.


O sector de automoción en Galicia, malia a actual crise económica, segue a ser un dos principais motores da economía.


O sector nutriuse dende sempre de profesionais formados na que hoxe é a Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo que atoparon tradicionalmente un campo de traballo no sector. Cada vez máis, na automoción demándanse profesionais cunha formación multidisciplinar e de alto nivel, con capacidade para adaptarse a elevada complexidade e competitividade do sector. Demanda que está a ser cuberta polo mestrado dende a súa implantación. 

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal