Competencias

 

automocionObxectivos do título

Xerais:

Formar técnicos de nivel superior con coñecementos xerais sobre o sector da automoción e con formación multidisciplinar e de alto nivel..

Formar Técnicos especialistas na investigación e desenvolvemento de productos e procesos de fabricación, para dotar ao sector de automoción de Galicia de persoas novas especialistas nas áreas de Tecnoloxías e Procesos.

Elevar as competencias nas citadas áreas de profesionais de empresas con experiencia no sector, facilitando a actualización de coñecementos e o intercambio de experiencias.

 Específicos:
  • Facilitar a inserción profesional no sector de la automoción. Mellora da inserción laboral de alumnos de carreiras técnicas.
  • Mellora da inserción laboral de alumnos de carreras técnicas.
  • Aumentar o nivel tecnolóxico nun sector de alta importancia en Vigo e Galicia
  • Incrementar a colaboración entre a Universidade e Empresas do Sector. 

 

Competencias básicas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos, e que sexan necesarias para outorgar o título  

  • CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  • CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  • CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  • CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
  • CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
     

Competencias xerais que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos, e que sexan necesarias para outorgar o título  

  • CG1 - Capacidade para a xestión: planificación, desenvolvemento de actividades, capacidade de análise e desenvolvemento de melloras.
  • CG2 - Coñecer as técnicas desenvolvidas para involucrar ao persoal da empresa na calidade e mellora continua.
  • CG3 - Capacidade de dirixir a xestión da empresa sempre baixo o enfoque ao cliente.
  • CG4 - Coñecer aspectos xenéricos da xestión económica na industria do automóbil.
  • CG5 - Dominio das técnicas de análises e toma de decisións empresariais no que respecta ao financiamento, prevención e RRHH.
  • CG6 - Coñecer os problemas medioambientales asociados á industria do automóbil e a lexislación aplicable.

Competencias específicas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos, e que sexan necesarias para outorgar 0 título

  • CE1 - Dominio de aspectos xenéricos do mantemento na industria do automóbil; a xestión: planificación, desenvolvemento de actividades, capacidade de análise e desenvolvemento de melloras.
  • CE2 - Capacidade para aplicar as técnicas de calidade na industria do automóbil
  • CE3 - Coñecer as tecnoloxías e procesos da industria do automóbil.

Competencias transversais que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos, ey que sexan necesarias para outorgar o título

  • CT1 - Capacidade de traballo en equipo.
  • CT2 - Dominio da xestión de proxectos na industria do automóbil.
  • CT3 - Destreza no manexo de ferramentas informáticas en habituais no sector da automoción.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal