Mestrado en Enxeñería da Automoción

Centros onde se imparte o título

Descrición da titulación

  • Rama de coñecemento: Enxeñería e Arquitectura
  • Tipo de ensinanza: Presencial
  • Carácter: Propio
  • Réxime: Tempo completo
  • Periodicidade Anual
  • Duración mínima: 1 ano
  • Número de prazas de novo ingreso ofertadas: 57
  • Linguas empregadas: Castellano, gallego. Con carácter extraordinario, se prevé también el empleo del inglés, sobre todo para consultas de bibliografía y seminarios y conferencias complementarias.
CARÁCTER
CRÉDITOS ECTS
Obrigatorios
22
Optativos
25 (obrigatorios dentro de cada especialidade)
Traballo Fin de Master
9
Totais
60
Prácticas externas
4

Sección Web do Mestrado en Automoción

Obxectivos

Con este mestrado preténdese fundamentalmente a formación de Técnicos de nivel superior con coñecementos xerais no sector da automoción cunha formación multidisciplinar e de alto nivel. Así coma aumentar o nivel tecnolóxico nun sector de alta importancia en Vigo e Galicia. Facilitar a inserción profesional no sector da automoción e permitir a reorientación de profesionais doutros sectores a este sector son outros dos seus obxectivos.

Perfil de ingreso

Titulados/as en Enxeñaría Industrial e Enxeñaría Técnica Industrial. Graduados nas Enxeñerías de carácter industrial e noutras Enxerías relacionadas co sector da automoción.

Número mínimo de créditos europeos de matrícula por estudiante y período lectivo

60 ECTS 

Descrición da planificación docente

Este Mestrado consta de Catro Módulos: un Módulo Común, dous de especialidade e un Módulo Fin de Mestrado:

  • Módulo I: Coñecemento do sector e habilidades (22 Créditos ECTS)
  • Módulo II: Tecnoloxías (25 Créditos ECTS)
  • Módulo III: Procesos (25 Créditos ECTS)
  • Módulo IV: Fin de Mestrado (13 Créditos ECTS):
    • Traballo Fin de Mestrado (9 Créditos ECTS)
    • Optativa: Prácticas en empresa / CAD ( 4 Créditos ECTS)

Neste Mestrado existen dúas Especialidades:

  • Especialidade en Tecnoloxías: Módulo I  Módulo II  Módulo IV
  • Especialidade en Procesos: Módulo I Módulo III Módulo IV

Para a obtención do Título é obrigatorio ser Titulado/a e superar os 60 créditos ECTS dos que consta a especialidade que elixa do mestrado.

Este mestrado non habilita para o exercizo de ningunha profesión regulada.

Información máis detallada nestoutra sección.

Mobilidade

En relación á mobilidade de estudantes con Europa poténciase a participación e a obtención de bolsas a través dos programas e accións promovidas pola Comisión Europea e a Axencia Executiva de Educación, Audiovisual e Cultura, especialmente o programa Erasmus (dentro do Programa de Aprendizaxe e Formación Permanente: Lifelong Learning Programme), para o cal se asinan acordos bilaterais Sócrates-Erasmus plurianuais.

Para a mobilidade con outros países non europeos, a través da ORI, promóvese e tramítase a firma de convenios marco e específico con universidades doutros países, como instrumento para facilitar a mobilidade tanto de estudantes como de docentes. No caso de Estados Unidos, a ORI participa activamente no programa ISEP de intercambio de estudantes. Se nos referimos ás relacións e mobilidade con Iberoamérica, Marrocos, Tunes, etc. foméntase a participación nas convocatorias anuais do Ministerio de Asuntos Exteriores e en concreto as accións: Programa de Cooperación Interuniversitaria e bolsas MAEC-AECI. Os estudantes poderán beneficiarse dentro deste tipo de mobilidade con países non europeos do programa de bolsas de intercambio propias da Universidade de Vigo (excepto os estudantes ISEP), así como da convocatoria de axudas complementarias da Xunta de Galicia para estudantes que participan en mobilidade non europea e na convocatoria anual de bolsas internacionais da Universidade de Vigo e Bancaja. 

Normas de permanencia

Normativa de permanencia e progreso do estudantado das titulacións oficiais de grao e mestrado universitarios desta universidade, aprobado polo Consello Social o 12 de xuño de 2017.

Esta resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 30 de xuño.

A normativa de permanencia non é unha norma pechada, senón que se vai adaptando ás necesidades e normas do momento e a súa actualización non depende dos responsables do título. 

Información sobre a expedición do Suplemento Europeo ao Título

A información relativa á expedición do Suplemento Europeo ao Título realízase conforme á legislación vixente. Pode consultarse esta información no Real Decreto 1002/2010 e no Real Decreto 22/2015.

Memoria vixente do Título

A memoria vixente do Título pode descargarse aquí.

Informe final da avaliación previo verificación

O informe final de avaliación previo á verificación do título pode descargarse aquí.

Modificacións do Título

Dende o curso 2013/14 xa está implantada a nova titulación, Mestrado en Enxeñaría da Automoción, titulación que extingue ao título anterior, Mestrado en Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil.

Todas as modificación que supuxo o cambio de denominación do mestrado xa están aprobadas e publicadas:

Obtida a verificación do Plan de Estudos polo Consello de Universidades (25/09/2013), previo informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) (22/07/2013).

Establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 21/02/2014 (BOE 11/03/2014).

Publicado o plano de estudos, que conduce á obtención do Título oficial do Mestrado en Enxeñería da Automoción, por resolución da Universidade de Vigo do 17/03/2014 (BOE 9/04/2014).

Informe das modificacións

 

Coordinador

Páxina web

Prezo

O establecido por Decreto da Xunta de Galicia. O prezo do crédito para o curso 2017/18 é de 31,36 € (incrementado nun 25 % para estranxeiros non comunitarios).

Data publicación BOE

09/04/2014

Data última acreditación

23/06/2017

Data da autorización da implantación do título pola Xunta de Galicia

05/12/2013
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal