Recursos humanos

Persoal académico

Descrición do profesorado

logo_master O profesorado que imparte docencia no Mestrado ten unha ampla        experiencia docente ou investigadora demostrable nos seus respectivos        sectores.

 Está composto por Catedráticos, docentes titulares e investigadores da Universidade de Vigo.

Ademais conta con outros recursos humanos, como persoal non vinculado a Universidade, persoal pertencente a empresas ou sector administrativo, que van aportar a visión máis práctica e real do Mestrado.

Nas seguintes táboas pódense consultar os datos dos profesores con docencia no mestrado no curso 2015-16:

 

Para máis información pódese consultar o directorio de usuarios de correo electrónico e de telefonía da Universidade de Vigo.

Outros recursos humanos 

Para poder facer fronte eficientemente a todas as esixencias e obrigacións e conseguir un desenvolvemento adecuado do plan de estudos, a titulación conta con diverso persoal de administración e servizos que lle prestan apoio en diferentes áreas. Así, pódese destacar: 

  • Persoal administrativo na área económica 
  • Persoal na área académica (xestión de preinscricións, matrículas, títulos, recoñecementos de créditos...)
  • Persoal da área específica de Posgrao (cuestións xerais relacionadas coas titulacións de mestrado, acceso de estranxeiros, planificación, normativa específica...) 

Na Escola de Enxeñería Industrial onde se imparte o título existe así mesmo unha subdirección específica de posgrao.

Consultar estes e outros servizos administrativos.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal