Cursar estudos na Universidade de Vigo

Estudantes estranxeiros do Programa Erasmus+ e de Convenios Bilaterais

Se está pensando en realizar unha estadía de intercambio para cursar estudos na nosa institución, debe confirmar na súa universidade de orixe se existe un convenio de intercambio de estudantes coa Universidad de Vigo, xa que so podemos aceptar estudantes procedentes de institucións coas que exista convenio en vigor e para as áreas de estudo especificadas nel.  

Unha vez confirmada a existencia de convenio, deberá ser a súa universidade quen nos comunique a súa nominación (este paso non é necesario para o caso de estadías de Erasmus+ Prácticas).

Nominación:

A oficina encargada da mobilidade internacional na universidade de orixe deberá remitir a relación de estudantes propostos/as ao enderezo ori3@uvigo.es, indicando os seguintes datos de cada estudante:

  • Nome e apelidos
  • Enderezo de correo electrónico (importante xa que as posteriores comunicacións realizaranse por este medio).
  • Área de estudos
  • Período da estadía
  • Nivel de estudos solicitados (grao, master ou doutoramento)

Data límite para recepción de nominacións:

  • Estadías durante o primeiro cuadrimestre ou curso completo: ata o 31 de maio.
  • Estadías durante o segundo cuadrimestre: ata o 15 de outubro.

Ao cabo duns días, a universidade de orixe (con copia a cada estudante nominado) recibirá un un e-mail de confirmación con indicacións para realizar a solicitude on-line. 

Solicitude:

Realízase mediante o seguinte:

Impreso de solicitude.

Para cubrir este impreso de solicitude precisa ter copia dos seguintes documentos que se deberán cargar no aplicativo, nun formato de uso común coma pdf, jpeg ou doc:

  • Estudantes de grao:
    • Copia do DNI/Pasaporte
    • Escrito da Oficina de Relacións Internacionais na universidade de orixe confirmando que é alumno estranxeiro de intercambio
    • Tarxeta sanitaria europea ou póliza de seguro de saúde equivalente
  • Estudantes de prácticas: antes de enviar a solicitude, os estudantes Erasmus+ que desexen realizar unha estadía de prácticas nalgún departamento, laboratorio ou outro servizo da UVigo, acordarán os termos e datas exactas das prácticas coa persoa baixo cuxa supervisión se vaian realizar estas. So entón, deberán aportar os seguintes documentos, xunto co formulario online: 
    • Copia do seu DNI/Pasaporte
    • Learning agreement for traineeship debidamente cuberto e asinado polo estudante, a persoa titora na institución de orixe e a persoa responsable do departamento ou servizo da Universidade de Vigo no que se vaian realizar as prácticas, con indicación das datas exactas do período de estadía
    • Tarxeta sanitaria europea ou póliza de seguro de saúde equivalente, así como proba de seguro de accidentes e responsabilidade civil válido en España.
  • Estudantes de máster ou doutoramento:
    • Copia do DNI/Pasaporte
    • Escrito da Oficina de Relacións Internacionais da universidade de orixe indicando que é estudante estranxeiro/a de intercambio
    • Copia do título de grao
    • Tarxeta sanitaria europea ou póliza de seguro de saúde equivalente.

Unha vez debidamente cuberto e enviado o impreso de solicitude on-line, recibirá un correo electrónico de confirmación da recepción da súa solicitude.

Prazos recomendados para enviar a solicitude on line:

  • Para estadías anuais ou do 1.º cuadrimestre: 15 de xuño.
  • Para estadías do 2.º cuadrimestre: 15 de novembro.

Admisión:

Trala correcta recepción da solicitude, a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo enviará por correo postal, ao enderezo especificado no formulario de solicitude cada estudante, unha carta de aceptación oficial que deberán traer consigo á súa chegada á Universidade de Vigo.

Os estudantes tamén recibirán un e-mail de benvida con información práctica tal como: 

Contrato de estudos e outras cuestións académicas: 

Os/as estudantes teñen que falar con antelación cos seus responsables académicos (na universidade de orixe) para decidir que materias son as que van cursar na Universidade de Vigo. A equivalencia das materias resolverase coa universidade de orixe antes de contactar coa persoa responsable de relacións internacionais no centro que lle corresponda da Universidade de Vigo.

Para información detallada acerca dos contidos das materias, as fechas de exames, etc., por favor consulte a oferta académica de cada Facultade ou Escola. Aquí encontrará información sobre las titulaciones que se imparten: Estudos e titulacións

Tamén pode contactar directamente cos propios Centros.

Non é necesario que os/as estudantes acheguen os seus contratos de estudos xunto co formulario de solicitude. Se necesitasen ter unha copia asinada de dito documento antes de chegaren á UVigo, poden enviarlla directamente para a súa revisión e sinatura ás persoas responsables de relacións internacionais dos centros da Uvigo.

Para mais información relativa a estudantes estranxeiros de intercambio pode contactar con:

Universidade de Vigo
Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
E-36310 Vigo (España-Spain)
Tlf:+34986818726
ori3@uvigo.es

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal