Rede wireless

A Universidade de Vigo ten implantada unha rede sen fíos que se estende a todos os centros de todos os campus. A rede foi deseñada para que funcione cos sistemas operativos máis usados.

A rede está preparada para o estándar 802.11b (11 Mbps), 802.11g (54 Mbps), 802.11N e 802.11ac, polo que funcionarán tódolos tipos de tarxetas.

Cómpre subliñar que as redes sen fíos alumnos e personal da Universidade de Vigo non están encriptadas, isto é, as conexións van en claro polo aire, polo que un usuario/a avantaxado podería chegar a ver as comunicacións. Avisamos sobre isto para que os usuarios/as utilicen a rede sen fíos de xeito coidadoso. Para conectarse as redes alumnos e personal só hai que conectarse a rede e abrir un navegador, metendo os nosos datos de correo de uvigo xa teremos acceso.

Eduroam (recomendada)

Se queremos usar unha conexión segura e dispoñible en moitos centros do mundo, temos unha rede segura denominada Eduroam, que poden utilizarla tanto usuarios/as internos da Universidade de Vigo que desexen conectarse de forma segura, como usurios/as doutras institucións afiliadas ao proxecto Eduroam.

O obxectivo do Proxecto Eduroam é ter conectividade e mobilidade entre as distintas redes wireless de investigación mundiais. Desta forma, un usuario/a doutra universidade adscrita a este proxecto podería conectarse desde a nosa universidade co seu identificador e clave, e un usuario/a interno da Universidade de Vigo podería conectarse desde calquera das redes incluídas en Eduroam.

Pódese atopar máis información sobre este proxecto en http://www.eduroam.es/. A cobertura da rede wifi Eduroam na Universidade de Vigo é a mesma que as redes wifi internas, e esténdese a todos os centros dos tres campus. Esta rede tamén poden utilizala usuarios/a da Universidade de Vigo que queiran conectarse de forma segura á rede universitaria.

Para conectarnos dende a Universidade de Vigo o máis sinxelo e utilizar a plataforma EDUROAM-CAT para instalar o software. Para ello temos que acceder á web http://cat.eduroam.org, seleccionar como institución á Universidade de Vigo e descarga-lo software para o noso sistema operativo. Despois introduciremos o noso usuario e contrasinal e xa o temos listo.

cat

Outra opción é utilizar o software cliente Secure W2, dispoñible para Windows XP/Vista/7/Mobile (pódese descargar desde http://si.uvigo.es/software/descarga.php?apt=24&fam=1).

Se o facemos de forma manual, as instrucións para conectarse móstranse a continuación:

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal