Uvigo motorsport

Asociacionismo e participación

Dispomos dun servizo de apoio ao asociacionismo e á promoción da participación do alumnado universitario en todos os aspectos da vida universitaria.

O alumnado debe formar parte de todos os aspectos da vida universitaria participando activamente das decisións e das iniciativas que se desenvolven na Universidade. Existen diferentes formas de participar tales como:

  • Representantes deste sector no claustro, consello de goberno ou xuntas de facultade.
  • Delegacións de alumnado das diferentes titulacións.
  • Asociacións universitarias.
  • Grupos informais para o desenvolvemento de proxectos específicos.

Para favorecer o desenvolvemento destas iniciativas a Universidade de Vigo dispón dun servizo de apoio para asesorar ao alumnado nos aspectos legais e burocráticos, convocatorias de axudas ou de recursos para o uso por parte destas asociacións.

Os contidos desta páxina xestiónaos