Collage con pezas do Museo de arte da UVigo

Museo de arte

O museo de arte da Universidade de Vigo (Mauvi) nace coa intención de conservar, documentar e difundir o patrimonio artístico e cultural da institución. Este proxecto pretende ser un espazo de referencia que recolla tanto a creación coma o legado artístico xerado ao longo da historia da universidade, facilitando o acceso á comunidade académica e ao público xeral. Trátase dunha iniciativa promovida pola Área de Cultura da Universidade de Vigo, que coordina os distintos procesos de documentación, investigación e difusión.

A súa finalidade é garantir a preservación do patrimonio, promover a investigación e a difusión cultural, e crear unha plataforma que poña en valor as diversas expresións artísticas vinculadas á Universidade de Vigo. O museo de arte tamén contribúe á identificación da universidade como un espazo comprometido coa cultura e coa creación contemporánea.

Acceso á galería

 

Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
vice.extension@uvigo.gal