Ciclo de cinema submarino

A Universidade de Vigo coordina e organiza a Semana de Cine Submarino de Vigo, que na actualidade é un acontecemento cultural de primeiro nivel na cidade e referencia obrigada para os amantes do mar e do cine

A primeira edición da Semana de cine submarino de Vigo remóntase a 1985. Neste longo percorrido, dende os océanos máis profundos, a biodiversidade das rías galegas ou as augas continentais, foron moitas as temáticas tratadas nos documentais proxectados. Todas elas relacionadas co mundo submarino e coa biodiversidade acuática.

Dende a universidade apostamos polo estudo e pola preservación deste tesouro que ano tras ano sae á luz grazas a este evento. O coñecemento dese contorno e a experiencia da súa beleza han de afoutar a nosa relación con este medio natural para preservalo e coidalo, transmitíndollelo así ás novas xeracións que cos seus colexios asistirán ás actividades que temos programadas para eles.

 

Ciclo de cinema submarino

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria 
extension@uvigo.gal
+34 986 813 626