Orquestra universitaria

A Orquestra da UVigo é un proxecto da Vicerreitoría de Extensión Universitaria que nace coa ilusión de construír, entre toda a comunidade universitaria, un espazo artístico participativo, integrador e enriquecedor, co fin de compartir a paixón pola música, medrar colectivamente e espallar a arte orquestral.

A orquestra está dirixida por Raquel Carrera Álvarez, profesora de violín e de orquestra no Conservatorio Profesional de Música de Ourense desde 2008, e cunha ampla experiencia como instrumentista en diferentes orquestras durante máis de 30 anos. En canto á súa formación, realizou diversos cursos de perfeccionamento, posúe un Mestrado en dirección de orquestra e na actualidade está a cursar o Grao Superior en Dirección. 

Os ensaios desenvolveranse os xoves, de 19.00 a 21.00 horas, no edificio Redeiras. Estes poderán axustarse de xurdiren necesidades puntuais (concertos, ensaios extraordinarios etc.). 

Na seguinte ligazón atoparedes toda a información actualizada sobre o proxecto: calendario de ensaios, horarios, repertorio, documentos organizativos, normas internas, membros da orquestra e calquera outra novidade relacionada coa actividade musical.

Máis información
 

Concertos de presentación

En Ourense, o 12 de xuño 

Concerto de presentación da orquestra da UVIgo en Ourense

 

Mar Blanco

Mar Blanco Moreno, solista

María del Mar Blanco Moreno, natural de Madrid, formouse nos conservatorios superiores de música de Salamanca (piano) e de Castela e León (clave). Licenciouse en Historia e Ciencias da Música na Universidad de Salamanca e conta cun Mestrado en investigación musical pola Universidad Internacional de Valencia. Ampliou a súa formación con recoñecidos mestres internacionais. Actualmente é profesora de órgano no Conservatorio de Ourense e convidada como solista en festivais nacionais e internacionais.

Raquel Carrera

Raquel Carrera Álvarez, directora

Profesora de violín e de orquestra no Conservatorio Profesional de Música de Ourense desde 2008, conta cunha ampla experiencia como instrumentista en diferentes orquestras durante máis de 30 anos. En canto á súa formación, realizou diversos cursos de perfeccionamento, posúe un Mestrado en dirección de orquestra e na actualidade está a cursar o Grao Superior en Dirección. 

Máis información:

Servizo de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal