ENTRADA DE BALDE
Concerto de presentación en Vigo
6 de xuño, ás 20.30 h
A Universidade de Vigo convida a comunidade universitaria ao concerto de presentación da súa orquestra en Vigo. Será o sábado 6 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.
Máis información:
Sección de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 8136 26
extension@uvigo.gal




