e-Destrezas
e-Destrezas é un programa de formación orientado ao desenvolvemento e á mellora das competencias dixitais do estudantado, o PDI e o PTXAS da Universidade de Vigo

A adquisición de competencias dixitais é unha necesidade e unha esixencia dos actuais sistemas de ensino universitario no marco da Europa do coñecemento. A universidade debe responder a novas expectativas, como a aprendizaxe ao longo da vida, o desenvolvemento de habilidades multidisciplinarias e as competencias no uso e no manexo da información.
Por todo isto, a Vicerreitoría de Docencia e Transformación da Universidade de Vigo lanza o programa formativo gratuito e-Destrezas, cuxo obxectivo é facilitar o desenvolvemento e a mellora das competencias dixitais da comunidade universitaria.
A continuación atoparás a oferta formativa do programa e-Destrezas para o primeiro cuadrimestre do curso académico 2026/2027 e toda a información sobre a duración das formacións, os criterios de selección, as listaxes de agarda, o recoñecemento de crédito etc.:
A inscrición realizarase na plataforma Campus Activo:
Máis información:
Vicerreitoría de Docencia e Transformación Educativa
As Lagoas, Marcosende
986 813 586
edestrezas@uvigo.gal




