Teatro

Teatro universitario

Interpretación, dirección, guión, danza... a arte dramática está na Universidade de Vigo.
 

Para profundar na formación integral do alumnado e dentro da nosa aposta cultural, a Universidade de Vigo contam con instalacións coma o teatro da cidade universitaria e iniciativas xa grandemente consolidadas como é a Aula de Teatro de Ourense, que se encarga da organización dos obradoiros de teatro e de dúas citas de referencia cultural como son a MITEU (Mostra Ibérica Internacional de Teatro Universitario) e a MOTI (Mostra de Teatro Infantil).

 

Obradoiro de danza D-ou-tras

D-ou-tras é o grupo de danza dirixido por trasPediante que se desenvolve na Universidade de Vigo, no Campus de Ourense.

Cada ano, impártense clases de danza, e creación escénica. Trabállase unha peza escénica e móstrase en distintos festivais universitarios ou amateurs.

Foi fundado por Marta Alonso e Begoña Cuquejo no curso 2010-2011, e na actualidade é dirixido por trasPediante (Begoña Cuquejo) e impartido por Nuria Sotelo.

 

D-ou-tras danza

 

A Aula de Teatro Universitario de Ourense

A Aula de Teatro Universitario de Ourense naceu no ano 1991 baixo a dirección da Compañía de Teatro Sarabela, e está dentro dos Cursos de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. Ao longo do ano académico a Aula de Teatro realiza cursos de formación teatral en diversas disciplinas. Conta con tres niveis de ensinanza teatral: grupos Rosaura, Cordelia e Maricastaña.

Desde a Aula de Teatro organízase a Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) e a Mostra de Teatro Infantil (MOTI), así coma ciclos de conferencias, coloquios, accións teatrais…

Sarabela está conformada por profesionais da dirección teatral, actrices e actores, persoal técnico, así coma por especialistas en pedagoxía, filoloxía, e persoas tituladas en arte dramática. A formación actoral nas máis variadas disciplinas é o paso previo á realización de montaxes. Na actualidade, o equipo docente está conformado por compoñentes de Sarabela ao que cada ano se suman conferenciantes e docentes de fóra da compañía.

 

Aula de Teatro Universitario

 

MITEU

A Mostra Ibérica Internacional de Teatro Universitario (MITEU) é a culminación da actividade da Aula de Teatro Universitaria así como un factor dunha intervención social e cultural de grande importancia na cidade de Ourense. A MITEU trata de potenciar o intercambio artístico e humano entre actrices e actores universitarios e profesionais de Galicia, da península Ibérica e de fóra dela. Na MITEU, ao remate das funcións, establécese un coloquio sobre a obra e sobre os procesos de ensaios e as distintas xestións dos grupos universitarios. Este coloquio, cos anos e co incremento das representacións, foise transformando nun punto de encontro ao remate das funcións onde coinciden compañías e o público. 

Co paso dos anos e as edicións, a MITEU foise transformándose nun conglomerado cultural cun núcleo de teatro universitario pero cun incremento considerable na programación de teatro profesional unido a concertos, exposicións, conferencias, encontros, cursos, animacións…

 

MITEU

Os contidos desta páxina xestiónaos