Actualidade mUVer

Unha persoa mUVer é activa, fai deporte, ten hábitos saudables, é competitiva, sabe como traballar en equipo e busca a felicidade todos os días, especialmente nos tempos máis difíciles desde casa. E ti? Queres ser mUVer?

Muvers, espírito insuperable

Parabéns mUVer, es grande. Demostraches que podes con todo, que ti es mUVer pase o que pase. No inverno ou na primavera, porque a ti nada nin ninguén che impide levar unha vida sa. Porque es dunha especie fascinante que acepta os retos e os gaña con récords... de hixiene, de respecto, de gardar as distancias, de subir de pódium en todas as fases. E se aínda non o es, esta é a túa oportunidade de facerte grande. Únete ao movemento, di #eusonmuveresponsable

Muvers, espírito insuperable

Abono mUVer

Todas as vantaxes nun só abono. O abono mUVer dáche acceso ás nosas salas cardiofitness, a múltiples actividades dirixidas, ás pistas de tenis e de atletismo, ... e, por se fora pouco, descontos nas escolas deportivas e nas actividades no medio natural. 

ABONO MUVER

Muller con máscara facendo pesas sobre fondo rosa

Actividades deportivas

Durante o presente curso ofertamos diferentes actividades dirixidas e escolas deportivas así como a posibilidade de practicar por libre o teu deporte favorito nas instalacións da universidade (o aluguer é de balde para a comunidade universitaria). Ademais poderás asistir tamén a algunhas instalacións alleas a través dos convenios de colaboración que nos permiten proporcionar un mellor servizo e unha oferta máis ampla ás persoas da comunidade universitaria.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Muller con máscara facendo pesas sobre fondo laranxa

Rutas culturais

Ao longo de todo o curso organizamos rutas de sendeirismo con diversos niveis de dificultade. Dirixidas a todas aquelas persoas interesadas tanto no exercicio físico en si como no coñecemento do noso patrimonio natural e arqueolóxico, en moitos dos casos finalizan con actividades de tipo cultural, lúdico ou gastronómico como un magosto. Estes percorridos, deseñados orixinariamente para a comunidade universitaria, amplíanse ao público en xeral no caso de que non se cubran a totalidade das prazas. Ademais, facilitamos un autobús que traslada as persoas participantes desde os campus de orixe ata o lugar de saída e de regreso.

RUTAS CULTURAIS

Muller con lentes de sol e máscara facendo o signo da vitoria sobre fondo verde

Augaventura

O programa específico de actividades no medio acuático inclúe dúas quendas, unha en outono e outra en primavera. Mediante estas actividades a comunidade universitaria ten a oportunidade de gozar, durante un día, de deportes no medio acuático en condicións moi vantaxosas. Aos tradicionais descenso de rápidos (rafting), surf, windsurf, kaiak+snorquel+andaina e flyboard engádense actividades de wakeboard e de mergullo.  

AUGAVENTURA

Dous mergulladores facendo o signo de que todo vai ben sobre fondo azul