Competicións universitarias

A comunidade universitaria ten a posibilidade de participar en diferentes competicións deportivas, tanto de ámbito interno, como interuniversitarias

Cpto de España Taekwondo

  • Campionatos internos: todos os cursos académicos a Universidade organiza unha serie de competicións internas, tanto en modalidades individuais como por equipos, nas que pode participar calquera persoa da comunidade universitaria.
  • Campionatos Galegos Universitarios: as tres universidades galegas organizan, dentro do seu programa conxunto de actividades, os Campionatos Galegos Universitarios que se desenvolven todos os anos durante os meses de febreiro, marzo e abril. 
  • Campionatos de España Universitarios: o Consejo Superior de Deportes (CSD) convoca anualmente os Campionatos de España Universitarios, que se desenvolverán nas instalacións deportivas das universidades españolas seleccionadas. Os equipos de cada universidade deben estar integrados por estudantes universitarios de grado, máster ou doutoramento. 
  • Campionatos Internacionais: a Universidade de Vigo participa anualmente nos Xogos Galaico-Durienses xunto coas outras universidades galegas e as do norte de Portugal e nos campionatos de europa universitarios. 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.es

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.es