4 de outubro de 2018, Día das Universidades Saudables

UVigo - Deporte 27/09/2018

A Universidade de Vigo, membro da Rede Española de Universidades Saudables (REUS), súmase ao Día das Universidades Saudables o vindeiro xoves 4 de outubro e convida os membros da comunidade universitaria a participar en dous retos:


  • #Reto5mil

Con esta campaña de doazón en rede, preténdense conseguir cinco mil doazóns de sangue ese día entre todas as universidades participantes.

Localización e horarios das unidades móbiles da  Axencia de Doazón de Órganos e Sangue:

Ourense
De 9.30 h a 14.30 h no Edificio de Ferro

Pontevedra
De 9.30 h a 14.30 h na Escola de Enxeñaría Forestal
De 15.30 h a 21.00 h na Praza da Ferrería

Vigo
De 9.30 h a 14.30 h na Praza Miralles
De 15.30 h a 21.00 h na Escola de Enxeñaría Industrial (sede do campus)


  • #IIRetoFrutaREUS

A través da celebración da segunda edición do concurso “O reto da froita”, búscase incentivar o consumo de froita entre a comunidade universitaria. Para participar, o titular dunha conta de Twitter debe subir á rede unha fotografía propia consumindo unha peza de froita. No texto do tuit, xunto á fotografía, aparecerá o hashtag #IIRetoFrutaREUS e mencionarase a conta de Twitter da universidade á que pertence (@uvigo), ou á que pertenceu, da persoa que participe e a conta da Rede Española de Universidades Saudables (REUS) <@unisaludables>. 

O prazo para a publicación das fotografías será desde as 06.00 h ata as 21.00 h do día 4 de outubro.

As tres universidades que reúnan o maior número de tuits válidos, serán premiadas cun diploma acreditativo da súa contribución ao fomento das universidades saudables. Ademais, as persoas titulares das cinco fotografías de cada unha das tres universidades premiadas que reúnan a maior puntuación, entrarán no sorteo de tres premios.

As bases do concurso pódense consultar aquí.


Desde a Rede de Universidades Saudables, á que pertence a Universidade de Vigo, preténdese incorporar a promoción da saúde no proxecto educativo e laboral, coa finalidade de potenciar o desenvolvemento humano e mellorar a calidade de vida da comunidade universitaria e conseguir mediadores en saúde.


  • Voluntariado

Se queres participar como voluntario ou voluntaria na organización das actividades do Día das Universidades Saudables o 4 de outubro, consulta os detalles e inscríbete aquí.